CRTVG

Buscar

Especiais

Tardes con Ana (2000)

24/09/2011

 
O programa Tardes Con Ana regresa á grella da programación da Galega no seu horario habitual (15:30) o 9 de outubro do ano 2000. Nesta nova andaina, o programa  amplía o tempo dedicado ao tema central do programa, afondando no debate e na controversia. Outras novidades son o decorado, máis aberto á participación do público, a potenciación das seccións de humor e de comentario social e os cambios nos concursos. Cada día o programa ábrese cun espazo sobre noticias de sociedade, sucesos ou cinema, para dar paso despois ao tema central, en que participan tanto o público do estudio de gravación coma os convidados e colaboradores fixos, profesionais e xente que está no programa para contar as súas historias concretas. Os teléfonos ábrense ao espectador para que tamén poida opinar desde a súa casa.
O humor é moi importante no programa e conta cunha sección fixa diaria do dúo Risoterapia, formado por Paco Lodeiro e Carlos Jiménez, e outra de Farruco.

Acompañan a Ana kiro nesta nova andaina:
-Faladoiro Corazón: Moncho Lemos, Aurora Alvariño, Emilio "Corazón De Melón".
-Polemizan Sobre O Tema Do Programa: Xavier Perdiz, Gloria Lijó, María Sierra, Tino Santiago.
-Testemuñas: María Xesús Castro, Luís Martínez, Xoán Carlos Mariño, Lucrecia Puparelli.
-Consultorio: Hugo Vázquez, Dermatólogo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí