CRTVG

Buscar

Especiais

Tardes con Ana (1999)

24/09/2011

Ana Kiro continúa en TVG coa segunda temporada da revista  “Tardes con Ana”. Un programa en que Ana Kiro pode desenvolver, un ano máis,  a súa faceta de comunicadora e da artista; neste espazo Ana Kiro é a condutora do programa, fai entrevistas, modera un faladoiro, presenta un concurso e tamén canta.

O primeiro programa ten como tema central de debate e a educación dos fillos. E un ano máis para comezar o programa ten unha entrevista cunha muller especialmente marcada pola personalidade de Lady Di. A “princesa do pobo” foi unha constante ao inicio  dos programas de Ana Kiro; nesta ocasión a entrevista é con Lucía: unha galega que le todo o que cae nas súas mans sobre a Princesa de Gales e que ten o seu cuarto presidido por unha gran foto de Lady Di.

Unha tempada máis, “Tardes con Ana” realízase no estudio de gravación 300 de San Marcos, en directo e con público.

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí