CRTVG

Buscar

Especiais

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas.

Iniciouse no mundo do teatro da man do grupo Antroido, co que representou as súas primeiras obras. Participou con este grupo nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), e nelas deuse a coñecer como dramaturgo e como escenógrafo.

Desde 1978 dedicouse profesionalmente ao teatro. Foi un dos primeiros directores en participar no teatro institucional pondo en escena, en colaboración co Centro Dramático Galego, en 1984, a súa obra “Agasallo de sombras”. Tamén se internou no terreo do audiovisual facendo guións para Televisión de Galicia e para Televisión Española, como Malos Tratos, Novo de Parmiude ou Morosos Varios. Llevou á pantalla relatos de Ánxel Fole (Cara de Lúa) ou de Eduardo Blanco Amor (O Noxo) e participou como actor en series televisivas, como Mareas Vivas.

No 2001 representou co Centro Dramático Galego Rosalía, de Ramón Otero Pedrayo. “Teatro de aquí” foi a súa derradeira compañía. Faleceu en Compostela no 2002.

O recoñecemento artístico de Roberto Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, coa obtención de premios como o Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro, o Xacobeo 92, o Eixo Atlántico, ou o María Casares..., converténdose nun dos referentes do teatro galego tanto na súa faceta de autor como de actor e director.

Influído especialmente por Valle Inclán, as súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, o simbolismo, o surrealismo e o expresionismo.

Representacións destacadas:

  • Laudamuco, Señor de Ningures (1976) 
  • Bailadela da morte ditosa (1980) 
  • A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello) 
  • Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985) 
  • Caprice des Dieux (1985) 
  • Anxeliños. Comedia Satánica (1996) 
  • La Lengua de las Mariposas (1999) 
  • Mar Revolto (2001) 

Obras escritas destacadas:

  • Laudamuco, Señor de Ningures (1976) 
  • Bailadela da morte ditosa (1980) 
  • Agasallo de Sombras (1992) 
  • Días sen Gloria (1992) 
  • Saxo Tenor (1993) 
  • As Actas Escuras (1994) 
  • Rastros (1998) 
  • O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar 

Ensaio:

  • Perspectivas do Teatro Galego Actual (2002) 

Premios honoríficos:

  • Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures. 
  • Abrente (1978), Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes). 
  • Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa 
  • O Facho (1977). Mención honorífica con “Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón". 
  • O Facho (1979), Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto. 
  • Medalla de ouro (Premio Ciudad de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. 
  • Premio Rafael Dieste 
  • Premio Álvaro Cunqueiro 
  • Premio Xacobeo (1992) 
  • Premio Eixo Atlántico 
  • Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en galego) 
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí