CRTVG

Buscar

Especiais

A xuventude do príncipe Filipe

08/05/2013

O 30 de xaneiro de 1968 naceu nunha clínica de Madrid Filipe de Borbón, un neno destinado a ser o herdeiro da coroa de España. Apadriñado polo seu avó don Xoán de Borbón e pola súa bisavoa, a raíña Victoria Eugenia, que desde había 37 anos non pisaba terra española. Educado na música e na lectura por súa nai a princesa Sofía, estudou no colexio dos Rosales de Madrid.

Unha das súas primeiras viaxes oficiais foi a Santiago de Compostela. Con sete anos asiste nas Cortes á coroación de seu pai como Rei de España, e dous anos despois recibe o título de Príncipe de Asturias. Na adolescencia apaixónase pola astronomía e viaxa ao Canadá para estudar COU. O 30 de xaneiro de 1986 asina nas Cortes Xerais fidelidade á Constitución Española e ao Rei asumindo o papel de príncipe herdeiro.

Cursa en Madrid a carreira de dereito e unha vez rematada fai un máster en relacions internacionais en Georgetown e posteriormente viaxa a Bruxelas para coñecer o funcionamento das institucions europeas. O rei don Xoán Carlos estaba tan orgulloso dos estudos do Príncipe que chega a afirmar que non se coñeceu nunca en Europa un príncipe tan formado.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí