CRTVG

Buscar

Especiais

Recuperando a Roberto Vidal Bolaño

17/05/2013

Recuperando a Roberto Vidal Bolaño é un documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o autor homenaxeado pola Real Academia Galega en 2013 co Día das Letras Galegas.

Dividido en catro partes, podemos coñecer ao Bolaño persoa, á marxe da literatura; ao Bolaño escritor, coas súas teimas, gustos, etc.; a súa obra dramática, composta por máis de vinte pezas e ao Bolaño espectacular, con diversas anécdotas, curiosidades, información sobre as súas compañías, a creación do teatro profesional galego, etc.

Veloso achéganos á súa figura mediante relatos de familiares, compañeiros e expertos no "home de teatro total" que foi Vidal Bolaño. Participan Roi Vidal, Laura Ponte, Belén Quintáns, Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Xosé Manuel Fernández Castro, Paco Macías, Rodrigo Roel, Jorge Rei, Quico Cadaval, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Inma López Silva, Dolores Vilavedra, Xulio Lago e Manuel Lourenzo, sendo os protagonistas activos neste traballo, xa que todo o peso narrativo recae nas súas conversas."

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí