CRTVG

Buscar

Especiais

Radiotelevisión Galicia. Emisión en probas

24/02/1985

A Radio Galega comeza, baixo a súa denominación oficial de Radiotelevisión Galicia, a emisión en probas o 24 de febreiro de 1985, data na que se celebra o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A emisión comeza co himno galego. A de Nicolás Camino é a primeira voz que sona a través das ondas do primeiro dos medios de comunicación públicos galegos.