CRTVG

Buscar

Especiais

Radio Galega: Ana Kiro na Radio Galega III

24/09/2011

Nunha entrevista moi persoal, simpática e tamén, emotiva, Ana lembra a súa infancia e o momento en que sentiu, por primeira vez, que tiña vocación de artista. Durante unha hora, a cantante descóbrese como unha muller da súa casa e fala da imaxe pública que traslada a través dos seus gustos no vestiario, maquillaxe ou peiteados.

Na entrevista, Ana leva dúas agradables sorpresas ao poder falar telefónicamente con Fina, a súa mellor amiga da infancia, e con Mercedes, unha curmá que exerceu de conselleira da cantante durante os seus primeiros pasos profesionais.

Na última parte, Ana Kiro sométese a un divertido cuestionario de vinte e nove preguntas íntimas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí