CRTVG

Buscar

Especiais

Primeira viaxe do Presidente Fraga a Arxentina e Uruguai

06/09/2011

Arxentina e Uruguai serán o punto de partida das moitas viaxes que o presidente Fraga realizou aos galegos emigrantes. Nos centros galegos destes países, Fraga confraternizou cos seus paisanos pero sobre todo fala cos emigrantes, para preocuparse pola súa situación económica, a atención sanitaria e a atención á terceira idade.

Nesta viaxe, a Arxentina e Uruguai, tamén se entrevista cos presidentes destes dous países nese momento, Carlos Ménen e Luís Alberto Lacalle, respectivamente.

Un equipo da TVG viaxa co presidente da Xunta, Manuel Fraga, na súa primeira viaxe a América. A reportaxe, realizada pola xornalista Maribel González e o reporteiro gráfico Alfonso Rivero de Aguilar, emitiuse o día 1 de decembro de 1990.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí