CRTVG

Buscar

Especiais

O planeta Granell en “Etcétera”, (1993)

03/04/2012

“Planeta Granell” comeza amosándonos unhas declaracións en que o propio artista, Eugenio Granell, fai unha definición de Surrealismo: realismo total. O artista surrealista galego lembra que ata os anos 40 se denominaba “realismo” todo o que se pode percibir por medio dos sentidos pero que hai moitos recunchos do espírito humano que non se olen, nin se ven, nin se tocan; como o que soñamos, o que pensamos, o que imaxinamos, o que desexamos, o que esquecemos ….

 Para Granell, o surrealismo mostra esta dobre vertente: o que vemos cos sentidos e o que vemos cos ollos do espírito.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí