CRTVG

Buscar

Especiais

Os Pitufos

02/08/1986

Ficha técnica:

  • Producción: Hanna-Barbera (USA, 1981)
  • Sinopse: Os Pitufos é unha serie fantástica de animación baseada nas historietas do belga Pierre Culliford que está ambientada na Idade Media. Na aldea dos pitufos todas as casas son cogomelos e todos son azuis e visten igual: pantalón branco e gorro branco, agás Papá Pitufo, que usa roupa vermella, e a Pitufiña, que vai de rosa. Papá Pitufo é quen dirixe a aldea pola súa avanzada idade e polo seu coñecemento da maxia. A frondosidade da paisaxe canda o tamaño pequerrechiño das súas casiñas xoga a prol dos Pitufos: teñen o escondedoiro perfecto para escapar das garras do malvado Gargamel e do seu gato Azrael. Gargamel é o bruxo, sempre vai intentar capturar os pitufos porque son o ingrediente necesario para conseguir a transmutación dos metais e fabricar ouro e porque con eles se pode preparar un lendario e exquisito prato de sabor irrepetible: sopa de Pitufos.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí