CRTVG

Buscar

Especiais

Os Novos

03/12/1987

Ficha técnica:

  • Producción: BBC (G.B., 1982)
  • Intérpretes: Adrian Edmondson, Rik Mayall, Nigel Planer, Christopher Ryan, Alexei Sayle.
  • Sinopse: Desenvólvese nos tempos da Inglaterra thatcheriana, de 1982 a 1984. Na serie, catro estudantes peculiares comparten en Londres un piso porcalleiro que lle alugaron a un exiliado ruso. Os mozos son catro arquetipos: Neil é o hippy, un ser pacífico e bondadoso que se encarga das tarefas domésticas; Vyvyan o punk, precisa da destrución e da violencia como do aire que respira; Rick é o anarquista, os seus ideais son moi confusos, fala moito pero actúa pouco pero sobre todo é un incondicional do cantante Cliff Richard. Mike é o único que podería pasar por un tipo normal, e un mood, e o seu obxectivo na vida é non pegar pancada, conténtase con vestir á última e elaborar plans que nunca funcionan. Os catro mozos viven en permanente enfrontamento coa sociedade e co seu caseiro.