Especiais
O que máis me marcou foi "Magnum"
A TVG chegou a min sendo aínda un cativo. O primeiro recordo que teño dela acontece no chalé duns tíos e primos meus cos que ía xogar a miúdo no verán e nas fins de semana. Lembro subir á cociña a merendar, estar posta a tele e escoitar un entón descoñecido -arriba e alá vou!-. Lembro mirar para a pantalla e ver que Superman estaba a falar en galego. Lembro a sorpresa e lembro tamén como nos días seguintes non facía máis que dicir esa frase. Os meus primeiros recordos son na súa maioría de series infantís, Superman, O carteiro Pat, O grande heroe americano, etc.
Tamén lembro cando escoitei por primeira vez a Angela Channing ou a J.R. falar na nosa lingua. Pero sen dúbida o que máis me marcou daquela primeira etapa preadolescente foi Magnum. Mirade que non teño dito eu -Oh, meu Deus!-, que era unha frase que sempre lle dicía Higgins ao peculiar detective. Rick, T.C., lembro todos aqueles personaxes cun cariño moi grande.
Raúl Quián, Xornalista de TVG