CRTVG

Buscar

Especiais

O presidente Fraga convida o Papa ao Xacobeo’99

06/09/2011

A comezos de xaneiro de 1999, o presidente Fraga viaxa ata a Cidade do Vaticano para entrevistarse co Santo Pai, Xoán Paulo II, e convidalo a que visite Galicia con motivo do ano Xacobeo que comeza. A visita coincidiría coa celebración da Xornada Europea da Xuventude que se ía celebrar en Santiago de Compostela a finais de maio.

Nesta visita ao Vaticano, Manuel Fraga tamén se entrevista en Roma co presidente da república italiana Oscar Luigi Scalfaro. O encontro celebrouse no pazo presidencial do Quirinal.

Un equipo da TVG  acompañou o presidente nesta viaxe e realizou unha reportaxe que se emitiu o 16 de xaneiro de 1999. A reportaxe foi realizada pola xornalista Rocío del Río e os reporteiros gráficos Alfonso Rivero e Pedro Castro.