CRTVG

Buscar

Especiais

O Presidente da Xunta de Galicia declara tres días de loito

16/01/2012

    Alberto Núñez Feijóo, transmitiu o pesar e a tristeza de todo o pobo galego polo falecemento do ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, a quen sinalou como “referente indiscutible da nosa Historia recente”.

      Na súa comparecencia, o presidente galego sinalou que Manuel Fraga foi "o home que dirixiu boa parte da modernización desta Galicia nosa” e que durante dezaseis anos gobernou a Xunta e "contriubiu a mellorar coas súas propostas a configuración do Estado Autonómico, desde a máis fonda lealdade á nación española".

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí