CRTVG

Buscar

Especiais

O espantallo e a señora King

04/07/1987

Ficha técnica:

  • Produción: CBS (USA, 1983)
  • Intérpretes: Kate Jackson,Bruce Boxleitner, Beverly Garland, Martha Smith, Mel Stewart, Greg Morton, Paul Stout.
  • Sinopse: O espantallo e a señora King narra as aventuras dunha ama de casa tipicamente americana que se ve convertida en detective. Amanda é unha muller atractiva, divorciada e nai de dous fillos que vive en Washington. Coñece a Lee, un guapo axente dunha axencia secreta gobernamental. Despois de demostrarse a si mesma que é capaz de saír de situacións perigosas, decide traballar con Lee. Xuntos resolven casos de intrigas internacionais e de espionaxe onde aparece implicado o KGB. Tamén teñen casos orixinados por persoas con ansias de poder, dispostos a asasinar mesmo a raíña de Inglaterra para conseguir os seus fins.