CRTVG

Buscar

Especiais

Miña sogra e mais eu (Serie, 2004)

24/09/2011

Miña sogra e mais eu conta a historia de Óscar, actor en paro que se ve obrigado a trasladarse coa súa familia á casa de Ana, a sogra, unha muller viúva acostumada a unha vida acomodada e tranquila.

As historias cotiás desta familia particular iranse degrañando nos diferentes episodios, cargados de humor. Os primeiros amores, as fortes amizades da infancia, as paixóns e amoríos maduros, as friccións xeracionais entre pais e fillos e a tan tópica relación de incompatibilidade entre un xenro e súa sogra terán cabida ao longo da serie.

A maior parte da trama, que alterna o plano sentimental co profesional, transcorre na casa de Ana, o bar e a axencia de viaxes onde traballa a muller de Óscar.

REPARTO: Ana Kiro (Ana, a sogra ), Marcos Orsi (Óscar Ledo, o xenro ), Carolina Vázquez (Alicia, a muller), Sara Casasnovas (Carol, a filla), Adrián Seijas (Rober, o fillo), Teté Delgado (Nuria, empregada axencia de viaxes), Xoán Pérez (Ricardo, xefe de Alicia e Nuria ), Santi Romay (Daví, camareiro do Universal), Evaristo Calvo (Fidel, o representante), Marta Castro (Elvira, a amiga de Ana ), Xosé Luís Bernal (Telmo, pretendente de Ana).

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí