CRTVG

Buscar

Especiais

Manuel Fraga conta a súa infancia no programa “ENCONTROS”, 2005

28/05/2005

“Síntome unha parte da Galicia da diáspora” comeza dicindo Manuel Fraga nesta entrevista humana e emotiva realizada por Carmen Mella para o programa Encontros da TVG, en maio de 2005.

A entrevista realizouse en Bos Aires, na que sería a derradeira viaxe de Manuel Fraga como presidente da Xunta de Galicia. Nela Fraga conta que de neno foi emigrante en Cuba e como lembra o seu regreso en barco; conta a súa infancia en Vilalba, como súa nai, de orixe vasco-francesa, lle falaba en francés e cando se enfadaba en éuscaro.

É unha entrevista humana e chea de lembranzas.