CRTVG

Buscar

Especiais

Magnum, P.I.

25/07/1985

Ficha técnica:

  • Produción: CBS (USA, 1978), Belisarius Productions / Glen A. Larson Productions / Universal TV
  • Intérpretes: Tom Selleck, John Hillerman, Roger E. Mosley, Larry Manetti.
  • Sinopse: Serie policial que conta as aventuras de Thomas Magnum, un investigador privado que vive en Hawai, na illa de Oahu. Magnum conduce un Ferrari vermello propiedade do enigmático escritor Robin Masters. Convive co mordomo Higgins, un ex-militar co que se leva bastante mal, aínda que ao final sempre acaban facendo as paces, ata que volven pelexar por calquera problema doméstico, como as botellas da adega particular ou o Ferrari vermello do escritor. Magnum, coa axuda dos seus compañeiros Rick e  T.C., resolve os casos a miúdo sen querer e leva sempre as mellores honras das investigacións. Zeus e Apolo, a parella de dóbermans de Higgins, constituían o verdadeiro pesadelo de Magnum, e é que o mordomo non dubidaba en botarlle os cans contra el cando se lle acababa a paciencia.