CRTVG

Buscar

Especiais

Homenaxe do PP a Manuel Fraga na súa despedida da política galega (2006)

09/01/2012

O 25 de febreiro de 2006, os líderes do PP reúnense en Silleda para renderlle homenaxe ao fundador do partido. Ata Silleda desprázanse José María Aznar, Mariano Rajoy, Ana Pastor, Ángel Acebes, e Alberto Núnez Feijóo entre outros acompañan a Manuel Fraga na súa despedida da política galega. O lema desta homenaxe é “Grazas”.

No seu discurso de despedida de Galicia, Manuel Fraga diríxese aos membros e simpatizantes do PP en castelán, galego, éuscaro e catalán dicindo que “hai sitio para todos”. Neste  vídeo podemos ver o discurso completo de Manuel Fraga.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí