CRTVG

Buscar

Especiais

Heroes

14/06/2007

Ficha técnica:

  • Produción: NBC/Universal/Tailwind (USA, 2006)
  • Sinopse: En Heroes vemos como cambian as vidas de varias persoas de todo o mundo cando, de repente, descobren que teñen superpoderes. Mentres unha eclipse total desprega a súa sombra sobre a Terra, un profesor de xenética da India, Mohinder Suresh, descobre un asombroso segredo ao tempo que investiga a desaparición de seu pai: a existencia de persoas aparentemente normais dotadas de superpoderes e intúe que se pode deber á investigación que seu pai realizaba sobre a xente con poderes sobrehumanos. Os Heroes deberán enfrontarse a diversas organizacións e personaxes misteriosos moi interesados polos seus poderes. A medida que o elenco descobre lentamente as súas habilidades e a existencia doutros personaxes coma eles, os seus camiños vanse cruzando e decátanse de que se necesitan uns aos outros para previr a catástrofe. Entre todos deberán unirse para acadar o seu obxectivo: salvar a humanidade. 
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí