CRTVG

Buscar

Especiais

Goomer

01/01/2006

Ficha técnica

  • Produción: Filmax (España, 2002)
  • Sinopse: Goomer -o terrícola- e o seu robot Marcus chegan na súa nave, A Galiña Milenaria, ao planeta Mox, onde a nai de Goomer, a computadora máis lista do universo, detectara indicios de vida. En Mox recíbenos os alieníxenas, personaxes moi peculiares e cun xeito de vida semellante ao dos terrícolas. OP, xefe de relacións públicas do planeta, vaise converter no mellor amigo de Goomer e Lisa, unha solteirona, namórase -ata os tentáculos- do noso barrigudo e case calvo camioneiro intergaláctico e quere casar con el custe o que custe, pero -o terrícola- non quere saber nada do asunto. Cando Goomer pretende regresar á Terra comezan os problemas, xa que queda sen nave (levoulla o guindastre), non ten permiso de residencia e o seu robot víralle as costas e ponse do lado do presidente de Mox. Goomer terá que adaptarse á vida fóra da Terra e contará coa axuda e amizade incondicional de OP.