CRTVG

Buscar

Especiais

Funeral por Manuel Fraga

21/01/2012 12:30 h

     Oficiado polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, o funeral de Manuel Fraga contou coa presenza das máis importantes autoridades de Galicia e de España. O presidente do Goberno, Mariano Rajoy; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e os ministros de Fomento, de Sanidade e de Xustiza, Ana Pastor, Ana Mato e Alberto Ruíz Gallardón foron algúns dos principais representantes públicos que asistiron á cerimonia.

     Na praza do Obradoiro, centos de cidadáns puideron seguir o funeral a través dunha pantalla xigante. Ao remate do oficio relixioso, levouse a cabo unha emotiva homenaxe ao ex-presidente da Xunta coa proxección de imaxes da súa vida e a interpretación do himno galego pola Real Banda de Gaitas de Ourense.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí