CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineTVG
  • Galicia visual

    Galicia visual

    Cento vinte programas de información turística galega. Sete son os eixos destes documentais: a cultura popular, os aloxamentos, os artistas, os restaurantes, os locais con encanto, as rotas cercanas e as novas ofertas.

  • Galicia Fashion Week

    Galicia Fashion Week

    Galicia Fashion Week, a semana da moda de Galicia, presenta as súas propostas para primaveira-verán do 2012 dos creadores Matteos, Perdona Bonita, Uxía Cardoso, Carmen Costa & Maiko e Olga Martínez.

  • Reporteiros. Chamados para a gloria

    Reporteiros. Chamados para a gloria

    30 minutos á semana para tratar fondamente un tema de actualidade ou de impacto. Chamados para a gloria, de María Xosé Arrojo, seguíu o esforzo e a preparación dos deportistas galegos que estarían nos Xogos Olímpicos de Atlanta.

  • Salsa verde

    Salsa verde

    Revista de humor dividido en tres parte, a primera dedicada a situación da vida cotiá galega, a segunda sobre fútbol e a última á prensa do corazón.

  • Air Galicia

    Air Galicia

    Parodia e humor en forma de centos de sketches para rirse do mundo e dun mesmo. Da relación dos galegos coa morte, do Camiño de Santiago, da música popular, das festas gastronómicas, do sexo, das diferentes formas de facer turismo... 

  • Alalá

    Alalá

    Investiga e difunde a tradición musical galega e preséntaa desde o sitio onde permanece viva esa tradición. O programa difunde a recuperación da tradición musical e o seu paso dunhas xeracións a outras.

  • Xabarín Club

    Xabarín Club

    Espacio que engloba a programación infantil-xuvenil na TVG. Na segunda metade dos 90 converteuse nun fenómeno social con máis de cen mil socios (unha cuarta parte dos nenos de Galicia). Emitiu series de debuxos e espazos de producción propia e música orixinal.

  • Vostede decide

    Vostede decide

    Novidosa aposta televisiva que lle ofrece ao público a posibilidade de decidir o final da trama, tanto desde o plató como a través do teléfono. O programa petendía acadar un alto grao de interactividade e por eso se realizaba en directo.

  • Xabarín. 10 anos

    Xabarín. 10 anos

    Programa especial que festexa o décimo aniversario deste espacio que engloba a programación infantil-xuvenil na TVG desde 1994. Na segunda metade dos 90 converteuse nun fenómeno social con máis de cen mil socios (unha cuarta parte dos nenos de Galicia).

  • Valderrei

    Valderrei

    A serie conta a historia de Isa, unha muller de 40 anos, casada e con dous fillos que, despois de vivir moitos anos en Ferrol, foxe dunha situación matrimonial crítica. Isa tenta refacer a súa vida no lugar onde naceu, en Valderrei.

  • Cultura 10

    Cultura 10

    A actividade cultural de Galicia protagoniza este programa, desde as expresións clásicas como a pintura ou a literatura, as tradicionais como a gastronomía, ou os grandes eventos culturais, festivais de cine, videocreación...

  • A banda de Ovidio

    A banda de Ovidio

    Serie de animación protagonizada por Ovidio, un parrulo que vive nunha illa tropical dos mares do sur, onde vive aventuras cos seus amigos Ventrucho, o seu curmán; Guá, un tucán, e Polo, un lagarto. O malo é Zozo, outro tucán de peteiro irisado, e Pi, a pitón.

  • Radio Onte

    Radio Onte

    Nova fórmula musical nun programa que fai un percorrido pola nostalxia, por modas e estilos da música que se escoitaba en España e en Galicia desde finais dos anos 50 ata os 80. Con música e imaxes rescatadas da época ou recreadas cunha orquestra propia.

  • A ver que vai ser isto

    A ver que vai ser isto

    Programa de humor que serve para adiantar a programación da semana, sobre a que ademáis se fan parodias, con dous presentadores de excepción. Un programa que é un bon espello para ver como era a televisión que se vía nos anos oitenta.

  • Café café

    Café café

    Magazine de sobremesa, nun ambiente de cafetería pola que van pasando invitados. Aínda non sendo un programa específico do Xacobeo, aparecen con frecuencia referencias ao Ano Santo de 1993. O programa inclúe tamén videoclips musicais.

  • Adiviña quen ven esta noite

    Adiviña quen ven esta noite

    Programa de variedades que combina actuacións musicais con humor e entrevistas a personalidades importantes do mundo da cultura, da economía ou da política. Neste programa, o número 24 da serie, o guión do espacio xira arredor da moda.

  • 4º sen ascensor

    4º sen ascensor

    É a historia de tres mozos e unha moza nun piso de estudantes: Sebastián é testador de medicamentos e estuda medicina, Sebas non sabe mentir e Lucía, súa curmá, é responsable, traballadora e maniática. E Fran é un vividor atractivo e folgazán.

  • Venres show

    Venres show

    Programa de variedades realizado nunha sala de festas de Vigo coa participación de cantantes, humoristas e personaxes do mundo das artes, do cine ou mesmo da política. Na súa primeira edición participan Paloma San Basilio, Los Rebeldes ou Diango.

  • Tres por catro

    Tres por catro

    Concurso musical para descubrir novos valores da música galegos ou residentes en Galicia, cantantes solistas por unha banda e grupos de non máis de sete compoñentes por outra. Todos interpretan catro temas, dos que dous deben estar en galego.

  • A toda vela

    A toda vela

    Microespacio informativo realizado por mor da estadía en Galicia da Volvo Ocean Race 2005. No primeiro espacio preséntanse os deportistas españois participantes na competición.