CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineTVG
  • Ímolo ver

    Ímolo ver

    Unha nova experiencia televisiva no mundo do deporte, un programa debate dos luns, para analizar as xogadas máis polémicas da xornada da fin de semana e en xeral todo o que pasaba co fútbol. Contaba con comentaristas, expertos e xogadores de fútbol. Raúl García de

  • Informes Tvg

    Informes Tvg

    Namibia, augas prohibidas, sobre o contencioso aberto sobre a pesca naquel país e a retención de oito barcos galegos acusados de pesca ilega, e Esta terra é do amo, sobre os arrendatarios de terreos en Galicia, son as dúas primeiras reportaxes deste novo programa semanal dos Servicios Informativos. Celsa Martínez e Xavier Vaz, respectivamente, asinan esas dúas re

  • Luar

    Luar

    Na temporada de 2003 o presentador habitual do programa aparece acompañado por Noelia Fernández e por Paula Vázquez, con novos decorados, imaxe e seccións pero coa mesma filosofía de presentar artistas e música galega e darlles un papel estelar dentro do programa.

  • A mañá

    A mañá

    Programa creado para manter a continuidade da emisión entre as 10 e as 13 horas, dando paso a cada un dos variados espazos desta primeira parte do día. Neste gran contedor estaban o Telexornal Primeira Hora, o curso de galego Imos Aló, a telenovela, a información do tempo no mar de Santiago Pemán, a serie Veciño

  • Senda verde

    Senda verde

    Programa dedicado aos deportes e a ecoloxía, os animais e as plantas, combinadas con probas tendentes a mellorar o coñecemento e o respecto ao medio ambiente, nas que tiñan especial relevancia as relativas ao trato que lle hai que dar aos animais, principalmente aos cans.

  • Noite brava

    Noite brava

    Programa concurso dirixido a toda a familia. Un gran formato no que participaban dous equipos representantes de diferentes localidades da comunidade galega, que se enfrontaban a través de distintas probas e xogos que mantiñan a tensión ata o final. 

  • Mundo misterioso

    Mundo misterioso

    Programa dedicado a temas que se escapan da lóxica do mundo científico: esoterismo, meigas, ovnis... O contido deste primer programa é un sumario dos temas que van desfilar polo mesmo ao longo das vindeiras semanas: enigmas pendentes de ser resoltos e mitos inmortais. Os convidados no plató son Fernando Jimé

  • Galicia cara o 2000

    Galicia cara o 2000

    Programa de reportaxes sobre o panorama social e político de Galicia nos anos previos á década do 2000. Entre os temas tratados poden salientarse os relacionados coas vivendas sociais, coa produción de enerxía eléctrica, o desenvolvemento das Telecomunicacións, as 

  • Meigas fora

    Meigas fora

    Meigas Fora é un magazine orientado a falar de cuestións sociais que provocaban debate, como a situación dos presos nos cárceres, a integración da muller no Exército, os problemas provocados pola ludopatía, e outros moitos que naqueles anos podían es

  • Noite espectacular entre amigos

    Noite espectacular entre amigos

    Unha nova versión da fórmula Entre Amigos de José Luís Moreno, denominada este ano Noite Espectacular. A partir do 19 de marzo de 1994 pasará a ser presentado pola actriz Maxo

  • Sabor a ti

    Sabor a ti

    Magazine no que debuta como presentadora de televisión Silvia Jato con música, entrevistas e un concurso, neste primeiro programa con personaxes da TVG como concursantes: Celia Pérez, Manuel Pampín, Dolores Bouzón e Pemón Bouzas. Alfredo Conde é o personaxe invitado neste primeira edición. Actuacións musicais a cargo de Los Panchos e da orquestra do programa.

  • Entre amigos

    Entre amigos

    Programa musical froito dun acordo de TVG con Canal 10 que permitía esta coprodución. Este espazo estaba producido polo artista e empresario José Luís Moreno quen tamé

  • Doutor Who

    Doutor Who

    Unha fría tarde de inverno, no mes de novembro de 1963, o doutor Who emprendeu unha odisea que habería de leva-lo a través do espacio e do tempo. O doutor, busca establece-la paz nas galaxias, viaxa na súa máquina do tempo Tardis, unha vella cabina telefónica da policía. Belas mulleres, e monstros&n

  • Con C de cultura

    Con C de cultura

    Este espazo daba cobertura a todo tipo de actos e de eventos culturais tanto Galicia como doutras partes de España, baixo a premisa da actualidade. Un informativo para todo tipo de públicos, con estilo didáctico e ameno. Duraba uns quince minutos, en emisión de sábado e

  • As viaxeiras da lúa

    As viaxeiras da lúa

    En trece capítulos móstrase unha imaxe amable e divertida da Galicia inédita a través da aventura de cinco viaxeiras que percorren Galicia a pé, a cabalo, en barco ou en globo mentres comparten cos espectadores as distintas facetas de cincuenta concellos galegos, desde festas populares até posibilidades de turismo rural, entre outros segredos da Galicia interior. As viaxeiras son actriz Uxía Blanco, a poetisa Raquel Palacio, a fotógrafa Marta Garc&i

  • Couto vivo

    Couto vivo

    Espacio de divulgación sobre as actividades da caza e a pesca en Galicia. Inclúe noticias de actualidade de interese para cazadores e pescadores, analiza as funcións reguladoras do ecosistema que cumpren estas actividades e divulga as normas que as deben rexir permanentemente.

  • Telquelexou

    Telquelexou

    É o espacio herdeiro do Téquele téquele, que introduce, ademáis do karaoke clásico, o formato dos bailes de salón, previa selección das mellores parellas galegas. Realizado nun plató que reproduce un salón de baile, as parellas compiten no baile. Un xurado puntúa aos concursantes.

  • Téquele Téquele

    Téquele Téquele

    O primeiro karaoke feito en lingua galega. O programa era diario, e emitíase pola tarde, realizado en exteriores, en distintas comarcas galegas.

  • Sitio distinto

    Sitio distinto

    Magazine de capítulos monográficos, cada entrega adicábase a un tema concreto, compóndose de actuacións muisicais, entrevistas e concursos, contidos todos abordados desde un punto de vista pouco convencional, con moitas doses de humor, reflexión e certa actitude punk. 

  • Gondar

    Gondar

    O equipo de científicos e investigadores de Luís Gondar traballa no laboratorio de biotecnoloxía dunha empresa de alimentación. Nel, enfrontaranse a diversas pragas e intoxicacións que deberán investigar o máis axiña posible, para poder dar coas orixes dos virus. En cada episodio preséntanse dúas tramas argumentais: a la pescuda policial que investiga a crise alimentaria, e a personal, que se centra nas relaciósn entre os membro