CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineTVG
  • Mar de fondo

    Mar de fondo

     Foi o primeiro home do tempo en 1986 e mantivo desde entón esa imaxe do home do tempo da televisión. En Mar de Fondo informa da situación meteorolóxica para a xente que vive de cara ao mar.

  • Luar

    Luar

    Inicia a súa sexta temporada este programa de música popular e variedades coa novidade de incorporar como presentadora a Patricia Pérez, muller televisiva nacida na TVG e cunha ampla e exitosa carreira.

  • Milenium

    Milenium

     A guerra é o asunto do que se fala neste programa, no que é entrevistado o ex-secretario xeral da OTAN Javier Solana, que rememora os momentos dramáticos dos bombardeos de Iugoslavia, sen dúbida ata daquela a crise internacional máis perigosa desde o final da "guerra fría". Tamén reflexiona sobre o peso histórico que supón ser o home que tomou a terrible decisión de ordear o primeiro ataque armado da OTAN desde a súa creac

  • Galicia de moda

    Galicia de moda

    Espacio de divulgación da moda e do deseño textil galego en formato magazine documental. Na súa primeira entrega presenta as doce firmas que estarán presentes en toda a serie: Adolfo Domínguez, Kina Fernández, Caramelo, Montoto, Toypes, Unicén, Antonio Pernas, Roberto Verino, Selmark, Pili Carrera, Mafecco e Florentino. O espacio emitiuse tamén para Europa e América.

  • Galicia terra única

    Galicia terra única

    Serie documental que pretende facer un ilustrativo percorrido pola historia da cultura de Galicia e que abrangue desde as primeiras manifestacións artísticas ata as últimas creacións actuais. Tendo como referencia sete exposicións ubicadas en cada unha das grandes cidades galegas, cada capítulo da a coñecer os aspectos representativos dunha época. A serie comeza en Lugo co capítulo dedicado á cultura castrexa e romana.

  • O mundo de Beakman

    O mundo de Beakman

    Programa infantil de divulgación científica no que o doutor Beakman, axudado polo seu rato de laboratorio Lester, o camarógrafo Ray ou os seus diversos axudantes, levaba a cabo os experimentos que lle pedían os espectadores dende cartas escritas ao programa. O programa contou con cinco temporadas dentro do Xabarín Club.

  • Galicia para o mundo

    Galicia para o mundo

    Un gran espectáculo en directo desde o Parque Castrelos de Vigo transmitido por varias televisións de España, Portugal, Italia e América. Trátase de promocionar Galicia cando se celebra o terceiro aniversario da creación da Televisión de Galicia. Actúan grandes artistas galegos e internacionais en dúas sesións de tarde e de noite.

  • A familia Pita

    A familia Pita

    A señora Pita aluga cuartos a unha serie de persoas curiosas que co tempo se convertirán nun simulacro de familia. A casa da Sra. Pita, viúva dende hai nove anos, recibe como hóspede a Manuel, un parente do que nin se coñece o seu aspecto e que vai estudar oposicións. As circunstancias, sen embargo, engaden novos convidados á casa da familia Pita.

  • Bis a vis

    Bis a vis

    Programa baseado na loita de sexos no que homes e mulleres comparten e debaten sobre as súas formas distintas de ver a vida. Algúns convidados aportan os seus testemuños e a súa forma de pensar e proceder e, a partir de aquí, o público asistente separado entre unha grada de homes e outra de mulleres, debaten. Esta primeira entrega do programa titúlase ... ao volante, perigo constante.

  • Teletubbies

    Teletubbies

    Programa con contidos orientados aos bebés e aos cativos de idade preescolar, deseñado para axudar aos máis cativos a coordinar observación, atención e comprensión.É unha comedia de primeiros conceptos, números, cores, formas, que reúne por primeira vez rapaces de todo o mundo, falando nos seus idiomas orixinais. Os Teletubbies gozan vendo o seu reflexo no espello. Luminosos, coloristas, xoguetóns e cariñosos, así son os

  • Telexornal Comarcas
  • Libro de familia

    Libro de familia

    En Santalla conviven a finais da ditadura franquista varias familias: Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que ten contas pendentes cos Freire, indianos que volven da emigración logo de facérense ricos en Venezuela. Libro de familia retrata a Galicia dos anos sesenta, cando empezan a emerxer as cooperativas e a industria e comezan a chegar os cartos da emigración.

  • Contando estrelas

    Contando estrelas

    Programa musical que combinaba actuacións tiradas de diferentes espacios da TVG dos anos 2003 e 2004, e novas presentacións, gravadas no porto de A Coruña no 2005. Coa presentadora colaboraron os nenos Hugo, Javier, Carmen e Aldara para crear un formato que enlazaba as actuacións cunha historia de ficción.

  • Galicia enteira

    Galicia enteira

    Programa pensado para que as vilas de Galicia e os seus costumes e peculiaridades teñen presencia nun espacio na hora de máxima audiencia. Chanda e Ribeira foron as vilas que apareceron na primeira edición do programa.

  • O tesouro

    O tesouro

    O mundo do fantástico e do descoñecido da man de Ánxel Fole. Adaptación televisiva do conto de Anxel Fole, en formato 16:9 e gravado en vídeo dixital. O Castelo de Soutomaior, en Pontevedra, o pazo e a igrexa de San Lourenzo e o Hostal dos Reis Católicos, en Santi

  • Parlamento

    Parlamento

    Programa semanal que segue a actividade parlamentaria. Nesta edición atende o debate que se produce na Cámara sobre os Presupostos de Galicia para 1995 presentados polo conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza.

  • Ventá aberta

    Ventá aberta

    O obxectivo deste espacio é o de difundir a nova imaxe galega. Pretendía ser un mirador das novas imaxes producidas en Galicia nos primeiros anos da década dos 90. Documentais, videocreacións, dramáticos, animacións, videoclips, tódolos xéneros audiovisua

  • De viva voz

    De viva voz

    Programa de debate con presenza de público no plató que participaba con preguntas aos expertos nos temas que se elixían para cada edición. A primeira estivo dedicada á obsesión por adelgazar e nela participaron expertos e colect

  • As leis de Celavella

    As leis de Celavella

    Serie ambientada nunha vila galega de principios do século XX. Produción de corte costumista e intriga, na que se retrata un grupo humano cheo de posibilidades dramáticas e de comedia. Esta produción convértese na primeira serie de intriga da TVG, cun aspecto moi distinto das

  • Guerra no Golfo

    Guerra no Golfo

    Programa informativo especial realizado por mor da guerra declarada no Golfo de Arabia, despois de que Irak invadira Kuwait. Televisión de Galicia fixo unha cobertura especial do conflicto e neste programa interviron os enviados especiais a Oriente Medio, Xavier Vaz e Xan Freire, e os corresponsais en París, Carlos Carballo, e en Nova York, Xosé Manuel García Bouzas.