Especiais
TimelineTVG-
Era visto
Unha comedia familiar, alternativa á ficción tradicional, na que destacan as conversas de Moncho coa cámara, un home optimista, casado con fillo, que vive nunha difusa zona rural, nun chalé solitario e a medio facer ao pé dunha estrada comarcal.
-
Bamboleo
Ofrece unha oportunidade a artistas descoñecidos, con bailes de salón, cos vídeos máis divertidos da Rede, cun test a parellas que pensan casar ou ir vivir xuntos, con seción de cámara oculta; e no que parellas consolidadas intercambian tarefas.
-
A tropa de trapo
A viaxe da pequena Mumu por un soño: ser unha super-estrela. A vaquiña Mumu vai vivir unha aventura de acción, suspense e emoción. A tropa de trapo, os seus amigos, están feitos con centos de manchas, de todas as cores, de xogar na herba e nas pozas.
-
A solaina
Magazine da actualidade galega con participación da audiencia. O programa inclúe reportaxes a pé de rúa, participación de artistas ou colaboradores esporádictos, así como novos talentos, e o concurso telefónico As catro verdades.
-
Actualizad@s
Un equipo de reporteiros percorre Galicia buscando historias anónimas marabillosas. Espazo divulgativo que busca aos heroes da vida cotiá, dos que falaba Torrente Ballester; eses galegos e galegas (de toda idade e condición) que teñen cousas que contar.
-
Escoba
Cinco mulleres dun barrio urbano galego xúntanse no Centro Sociocultural para xogar ás cartas e falar da súa vida. Marina, Sofía, Amparo, Antonia e Milagros xogan á escoba. Comedia de situación caracterizada polo protagonismo absoluto das mulleres.
-
Polo chan
Concurso no que representantes de trece concellos galegos terán que superar diversas probas físicas para conseguir o maior número de puntos posibles para acadar o primeiro posto da clasificación e, polo tanto, ser os vencedores do programa.
-
Botarse ao monte
Botarse ao monte fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina. O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza.
-
Os Axóuxeres
Unha familia de monecos vive encima dunha mesa no dormitorio dun neno. Son os pais Lúa e Antón; tres fillos, Iria, Xan e Pelouro; un amigo dos rapaces, Moncho, e R01, un extraterrestre que acaba de chegar á Terra. Produción orientada a nenos de ata seis anos.
-
George e Martha
Serie canadense de debuxos animados baseada no libro escrito e ilustrado por James Marshal e co-producida con Maurice Sendak. A serie xira en torno ás vidas de dous hipopótamos, George e Martha, que son os mellores amigos entre si e que conviven con outros animais da veciñanza.
-
Hai que ver!
Programa de entrevistas con personaxes de actualidade, experiencias singulares e un apartado dedicado a recrear os mundos autóctonos de personaxes de orixe galega.
-
Comando Chef
Imaxínese que un equipo da Televisión de Galicia se presenta na súa casa coa seguinte proposta: dentro dunha hora pode vostede cear cunha persoa famosa. Tan só hai un problema: dispón dunha hora e ten que preparalo todo exclusivamente co que teña na casa.
-
Cousas da lingua
Espazo divulgativo sobre curiosidades da lingua galega. En cada programa tratan un tema que podía ser o significado dunha palabra, formas de indicar o mesmo concepto en galego, unha dúbida... O espazo sufre diversos cambios no seu formato e duración ao longo dos catro anos de presenza en antena.
-
Ben falado!
Microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. A primeira entrega constou de 250 programas durante 2008-2009 e a segunda entrega consta de 230 programas que comezaron a emitirse en xuño de 2010.
-
Verán de estrelas
Programa musical producido para as televisións autonómicas desde a illa da Toxa para os venres do verán. O programa emítese ao aire libre e cun espectacular plató deseñado para a ocasión.
-
Roseanne
A vida da familia Conner, unha familia de clase baixa traballadora que vivía nunha ficticia cidade de Lanford, Illinois, con serias dificultades para chegar a fin de mes cos salarios baixos de Roseanne y Dan, os pais. Na serie aparecen os problemas sociais das clases baixas americanas, tocando temas como a pobreza, o alcolismo, as drogas, o sexo ou o embarazo de adolescentes.
-
2006 en imaxes
As imaxes e as noticias máis destacadas de 2006 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia
-
2007 en imaxes
As imaxes e as noticias máis destacadas de 2007 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia.
-
2008 en imaxes
As imaxes e as noticias máis destacadas de 2008 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia.