CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineTVG
  • ZigZag. Letras Galegas 2011

    ZigZag. Letras Galegas 2011

    Programa especial deste informativo cultural diario emitido en memoria de en homenaxe a Lois Pereiro o día en que se celebra a Festa das Letras Galegas na súa honra, no ano 2011.

  • 800 aniversario da catedral de Santiago

    800 aniversario da catedral de Santiago

    Programa especial coa retransmisión en directo dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedralde Santiago de Compostela.

  • 25 noiteboas

    25 noiteboas

    Este especial resume algunhas das actuacións máis destacadas de artistas que pasaron polos espacios habituais de Nadal, que se emitiron o día de Noiteboa, en toda a historia da TVG. Juan Pardo, Ella baila sola, Luz Casal, Luar na lubre...

  • Eirado

    Eirado

    O nome do espacio pretende facer referencia a un lugar de encontro, xa que eirado é unha palabra que se refire ao lugar onde a xente das aldeas se xuntaba a iso da atardecida. Así pois, Eirado é un punto de encontro dos artistas galegos de todas as disciplinas.

  • Galegos no mundo

    Galegos no mundo

    Galegos no mundo é un punto de encontro para os galegos da diáspora, que abren as portas das súas casas, amosando como é a cidade e o país no que viven. Narran as razóns da súa partida e os seus plans de futuro.

  • Entroido en Galicia

    Entroido en Galicia

    Programa especial en directo que amosa a celebración do martes de entroido por toda Galicia (Xinzo de Limia, Verín, A Coruña e Santiago de Compostela).

  • Tourilandia

    Tourilandia

    Programa de humor  que conta con sketchs, tanto no estudio coma en exteriores, convidados famosos que amosarán a súa vertente máis artística, actuacións en directo de grupos musicais e da propia banda do espazo, parodias, comedias de situación...

  • Se as vacas falaran

    Se as vacas falaran

    Historias moi próximas á realidade galega, con boa dose de entretemento, combinado co humor. O espazo discorre por toda Galicia na busca das vacas máis falangueiras, que son capaces de dicir o que ás veces os humanos non se atreven.

  • Billete de volta

    Billete de volta

    O palpitante e conmovedor mundo da emigración, desde a óptica dos emigrantes galegos que puideron volver á casa despois de toda unha vida fóra. Tamén é o retrato da peripecia vital de todos aqueles que viaxan polo mundo con Galicia como meta.

  • Adiviña quen vive aquí

    Adiviña quen vive aquí

    Viaxe sentimental, fetichista e divertida para coñecer as historias de mitos musicais galegos como Pucho Boedo, Juan Pardo, Julio Iglesias, Ana Kiro, Andrés Dobarro e Luz Casal, a través dos testemuños dos que compartiron a vida con eles.

  • O clan dos impostores

    O clan dos impostores

    Un grupo fixo de cinco persoas moi coñecidas pola audiencia, percorrerá toda Galicia na busca de experiencias únicas. É un desafío onde se compartan emocións, sorpresas, solidariedade e moita diversión.

  • 100% CEF

    100% CEF

    Obra producida e emitida co gallo do centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, este traballo inclúe conversas cos seus fillos, os seus biógrafos, amigos e escritores. E os seus poemas aparecen musicados nos máis diversos estilos.

  • Queres ser o mellor?

    Queres ser o mellor?

    Concurso diario no que compiten cinco concursantes: O mellor e o equipo de catro. O programa ten catro fases eliminatorias e unha pregunta final para adiviñar a cantidade de cartos que leva o gañador, que terá a posibilidade de concursar a semana seguinte.

  • Casamos

    Casamos

    Historias reais de amor que acaban en casamento. Aquí teñen cabida vodas de distintas relixións e razas, vividas en cadansúa contorna. Coñecemos a historia dos protagonistas, as razóns para o matrimonio e mesmo a celebración da voda.

  • Vivir aquí

    Vivir aquí

    Vivir aquí é un programa que escoita aos cidadáns, conta historias reais de xente real. Non promete que a súa historia vaia ocupar grandes titulares nos informativos, pero si promete unha cousa: serás escoitado.
  • Un mundo de nenos

    Un mundo de nenos

    Programa de entretemento familiar no que os pequenos da casa mostran a súa visión do mundo a través de debates e entrevistas.

  • Traslación do Apóstolo

    Traslación do Apóstolo

    Programa especial coa retrasmisión en directo da ofrenda ao Apóstolo que se realiza cada ano o 30 de decembro na Catedral de Santiago de Compostela.

  • O sofá

    O sofá

    Programa de humor no que un sofá aparece polas cidades e vilas galegas para que, dende alí, os mellores cómicos galegos poidan presentar o espazo, repleto de sketchs de humor.

  • Vaia troula

    Vaia troula

    As festas de Galicia son as protagonistas da man das reporteiras Sara López, Paula Señarís e Alicia Lombán. Os espectadores teñen a oportunidade de coñecer de preto e ser tamén protagonistas das celebracións e festas espalladas por todo o país. 

  • Louredo responde

    Louredo responde

    Espazo de fición emitido antes de Padre Casares, no que as personaxes explican aquelas historias que quedaron sen concluír na serie, segredos do pasado, ou calqueira aspecto de interese para o público.