CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineTVG
  • Galicia directo

    Galicia directo

    Programa diario que lle presta unha atención especial á actualidade local, elaborada desde as distintas delegacións da TVG, con reportaxes personalizadas. 

  • Volver ao rego

    Volver ao rego

    O espazo desenvólvese nun decorado que semellaba o salón de lectura dun antigo casino, coa participación do actor Lino Braxe no papel de camareiro e do pianista Alfredo Susavilas. Na primeira edición de Volver ao Rego, Barreiro Rivas entrevistou ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e con el fala das consecuencias persoais que se derivan do exercicio do poder. Na tertulia que segue á entrevista, participaron, Benxamí

  • Zapping comando

    Zapping comando

    Programa de humor integrado por sketchs de actores galegos, e con zapeo de ficción. Inclúe as crónicas de Churi e Antón, reporteiros encargados de facer as preguntas máis incómodas nos actos e convocatorias públicas en Galicia.

  • As bólas máxicas

    As bólas máxicas

    Todo comeza cun neno pequeno que se chama Son Goku, que vive só na montaña Paozu. Foi atopado nunha selva polo ancián Son Gohan, que lle ensinou kung fu. Unha noite, Gohan morreu a mans dun monstro misterioso. Pero non é ata que coñece a Bilma cando empeza a súa aventura. Cando a coñece, ela convénceo para ir na busca das sete esferas do dragón, que, unha vez reunidas, invocan

  • Chambo

    Chambo

    Programa musical dirixido a un público mozo que se ofrece, nunha linguaxe moi común con ese público, a converterse en prataforma para queles que teñan algo que dicir e tamén como instrumento para presentar as músicas máis novidosas. No seu primeiro programa son os protagonistas Los Piratas, de Iván Ferreiro, e o cantautor Ismael Serrano.

  • Somos unha potenzia

    Somos unha potenzia

    Programa de entretemento creado para confirmar se somos ou non unha potenzia. O humor né a súa principal arma. Nel realízanse entrevistas no plató, conta con varias seccións de carácter paródico e un famoso é o protagonista principal en cada unha das entregas. O primeiro dos entrevistados foi Arsenio Iglesias, como mostra da potenzia deportiva de Galicia.

  • Son de estrelas

    Son de estrelas

    Concurso musical no que compiten 54 concursantes. Cada un deles representa unha comarca de Galicia, ata 53, e o último representa o mundo da emigración galega. O programa permítelles a veciños, parentes e amigos participar activamente a través de documentais dos que son protagonistas.

  • Acompáñenos

    Acompáñenos

    Programa diario de tarde realizado en directo con entrevistas a persoas que acoden aoplató ou a través do teléfono e tamén con actuacións musicais. Os protagonistas son as persoas maiores, invitadas a contar a súa realidade e tamén, en moitos casos, a súa propia historia. O obxectivo do programa, segundo explica o presentador na súa primeira edición, é facer posible que aquelas persoas que se encontren soas poidan participar ou

  • Xente nosa. Rouco Varela

    Xente nosa. Rouco Varela

    Programa de entrevistas en profundidade polo que, entre 1987 e 1989, pasaron Antonio María Rouco Varela, Carlos Pajares, Rosalía Dans, Chano Piñeiro, Moncho Borrajo, Alfredo Conde ou Francisco Vázquez. Unha das entrevistas fíxose en París, a de María Casares.

  • Xente nosa

    Xente nosa

    Programa de entrevistas en profundidade polo que, entre 1987 e 1989, pasaron Antonio María Rouco Varela, Carlos Pajares, Rosalía Dans, Chano Piñeiro, Moncho Borrajo, Alfredo Conde e Francisco Vázquez. Unha das entrevistas fíxose en París, a de María Casares.

  • Supermartes

    Supermartes

    Programa de variedades que mistura o formato musical e o de concurso, no que inclúe probas de todo tipo, sempre con toques de humor. Formato aberto que pasou por fases diversas ao longo da súa historia, acomodando novas seccións e renovándose permanentemente.

  • Fuxan os ventos. Terra de soños

    Fuxan os ventos. Terra de soños

    Terra de soños é o título do concerto co que volveu aos escenarios o histórico grupo folck Fuxan os ventos. Celebrouse no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008 e Televisión de Galicia emitiuno o 13 de decembro seguinte.

  • Unha de romanos

    Unha de romanos

    Programa de ficción en clave de humor que xoga coa idea dunha nova colonización dos romanos de hai 20 séculos. Dous soldados da Roma clásica percorren Galicia, mentres aparecen tamén escenas rodadas en estudio de personaxes históricos. 

  • Un mundo de historias

    Un mundo de historias

    Serie de sete capítulos de 55 minutos de duración, basada en contos como “O retrato”, de Castelao; “O neno suicida”, de Rafael Dieste; “Licor-café”, de Xosé L. Méndez Ferrín; “Cara de lúa”, de Ánxel Fole; “O noxo”, de Eduardo Blanco

  • Telexornal. Desde Bruxelas

    Telexornal. Desde Bruxelas

    Os servicios informativos de TVG realizaron nos primeiros días de maio de 1998 os telexornais desde o Coliseum de Bruxelas, a sede da Comisión Europea, onde se celebrou o Cumio de Xefes de Estado e de Goberno que decidiría a posta en marcha da moeda única e o calendario para a súa implantación en Europa. TVG compartíu set nos soportais do Coliseum coas principais televisións europeas.

  • Telexornal

    Telexornal

    Programa diario de información xeral na súa edición de tarde. A escaseza de medios de transmisión de imaxes obriga con frecuencia a usar imaxes fixas en branco e negro. Esta edición corresponde a un domingo de eleccións en Galicia.

  • Vivir aquí

    Vivir aquí

    Magazine diario que presenta a axenda cultural de Galicia. Inclúe tamén reportaxes de carácter social e entrevistas en plató, así como seccións de viaxes e de gastronomía.

  • Pequeno hotel

    Pequeno hotel

    Comedia de situación que se desenvolve nun hotel situado a carón da muralla de Lugo, é unha serie de 26 capítulos de 35 minutos de duración, dirixida a un público familiar, rural e urbano. As tramas de “Pequeno Hotel” estan centradas nos cruces entre os donos e os empregados do hotel, e os dive

  • Terra de Miranda

    Terra de Miranda

    A serie discorre na Terra de Miranda, unha vila imaxinaria do interior de Galicia á que chega Carmela, unha muller separada procedente de Vigo, á que acompañan os seus dous fillos, coa idea de retomar a súa profesión de veterinaria. Alí en Miranda

  • Terras de Merlín

    Terras de Merlín

    Documental esencialmente viaxeiro, pescuda nos costumes, tradicións e xeito de vida dos chamados países celtas: Irlanda, Escocia, País de Gales, Cornualles, Illa de Man, Bretaña, Asturias e Galicia.