CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineRG
  • Alvaro Pino na Radio Galega

    Alvaro Pino na Radio Galega

    O ciclista Álvaro Pino planificaba a temporada 2004 como técnico do Phonak cando foi entrevistado na Radio Galega, recordando os seus anos de profesional, desde a súa primeira bicicleta ata os seus triunfos máis sonados, como a Vuelta Ciclista a España de 1986.

  • Manuel Rivas en Literatura Viva

    Manuel Rivas en Literatura Viva

    O escritor e poeta Manuel Rivas é protagonista do programa Literatura viva, que dirixe os sábados Xulio Xiz. Manuel Rivas relata algúns aspectos significativos da súa vida literaria e da súa obra poética, da que le algúns versos para os oíntes.

  • A RAG homenaxea a Avilés de Taramancos

    A RAG homenaxea a Avilés de Taramancos

    A Real Academia Galega celebra en Noia en 2003 unha sesión extraordinaria de homenaxe ao poeta Antón Avilés de Taramancos, a quen se lle dedicou ese ano o Día das Letras Galegas. A Radio Galega transmitiu en directo o acto.

  • Dez anos da Radio Galega

    Dez anos da Radio Galega

    Dez anos despois da súa creación, un programa especial lembra algunhas das intervencións que suscitou a posta en marcha da Radio Galega. Nicolás Camino da paso ás intervencións de Xerardo Fernández Albor, Tomás Fernández Martín, Xosé Luis Barreiro ou Carlos Casares, entre outros.

  • Araceli Filgueira no Programa da Tarde

    Araceli Filgueira no Programa da Tarde

    Araceli Filgueira foi asesora cultural do Pabillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla. Era tamén colaboradora do Programa da Tarde e desde Sevilla converteuse nunha cronista de excepción do que ocorría na Expo 92. Sobre eso e outras cousas versan a súas colaboracións.

  • Os Premios da Crítica de 1993

    Os Premios da Crítica de 1993

    En 1993 constituiuse a Fundación Premios da Crítica para consolidar a organización dos galardóns que, con este nome, outorgaba cada ano o Ateneo Ourensán Vigués. A festa da entrega dos premios era unha auténtica festa das letras, que a Radio Galega transmitía en directo.

  • Vicente Ferrer no Miradoiro

    Vicente Ferrer no Miradoiro

    Mari Pereira entrevista a Vicente Ferrer, presidente da fundación humanitaria que leva o seu nome, premio Príncipe de Asturias, coincidindo coa súa visita a Santiago para participar na xornada O voluntariado, unha oportunidade para a participación.

  • Un ano despois do Prestige

    Un ano despois do Prestige

    O Miradoiro fai historia despois de ter pasado un ano do accidente do petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Nel dan testemuña algunhas das persoas que colaboraron activamente na limpeza das praias.

  • VI Premio de teatro da RG

    VI Premio de teatro da RG

    Intercom baby foi a obra elexida pola audiencia na VI edición do Premio de Teatro da Radio Galega. Da autoría de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, a versión radiofónica foi dirixida por Evaristo Calvo. Nesta edición o premio do xurado foi para Poema sinestésito para tres voces e un can de Eva F. Ferreiras.

  • A caída da estación espacial Mir

    A caída da estación espacial Mir

    En 2001 a Estación espacial Mir, posta en órbita pola URSS en 1986, destrúese de forma controlada caendo os seus restos ao océano Pacífico. O Miradoiro seguiu con espectación o acontecemento da mán de galegos que viven do outro lado do mundo.

  • O Festival de Ortigueira do ano 2000

    O Festival de Ortigueira do ano 2000

    No 2000 o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira celebra a súa XVI edición introducindo cambios que sentaron as bases das futuros edicións. O Miradoiro entrevista a Antonio Campos, alcalde de Ortigueira, e a Antón Reixa, director do festival.

  • A muralla, patrimonio da humanidade

    A muralla, patrimonio da humanidade

    A Unesco declarou o 30 de novembro do ano 2000 a Muralla de Lugo patrimonio da humanidade. O programa O Miradoiro da Radio Galega dedícalle a ese singular monumento e á cidade de Lugo enteira unha boa parte do espacio dese día.

  • 50 aniversario do pasamento de Castelao

    50 aniversario do pasamento de Castelao

    A Radio Galega emite en directo o acto relixioso que se celebra en San Domingos de Bonaval en conmemoración do cincuentenario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

  • 11M. Primeira hora

    11M. Primeira hora

    Primeira hora foi o informativo da Radio Galega que primeiro se fixo eco da serie de atentados que sufriu Madrid o 11 de marzo de 2004. Os atentados producíronse en plena emisión do informativo, que interrompe o seu guión para contar en directo o que estaba pasando.

  • 11M Atentados en Madrid

    11M Atentados en Madrid

    Madrid viviu a maior masacre provocada polo terrorismo na historia de España o 11 de marzo de 2003. Así relatou a Radio Galega a actualidade dese día tráxico cheo de confusión e dor. Este é o programa Miradoiro da mañá daquel triste día.

  • Xa é o século XXI en Nova Zelanda

    Xa é o século XXI en Nova Zelanda

    O Miradoiro conecta ás 12 en punto do mediodía do 31 de decembro de 1999 para festexar a chegada do novo século alí a onde chegou primeiro: Nova Zelanda, as nosas antípodas. Así puidemos celebar a temida chegada no século XXI, un pouco por anticipado.

  • As FARC soltan a Enrique López Fanjo

    As FARC soltan a Enrique López Fanjo

    Despois de 14 meses de secuestro, as Farc (Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia) deixaron en liberdade ao emigrante galego Enrique López Franjo, de 67 anos. Enrique, que emigrou con 46 anos a Venezuela, está no programa O Miradoiro.

  • O pasamento de Domingo García Sabell

    O pasamento de Domingo García Sabell

    Así deu a Radio Galega a noticia do pasamento de Domingo García Sabell, galeguista, médico e escritor, que foi presidente da Real Academia Galega e delegado do goberno en Galicia e decano dos xurados do Premio Príncipe de Asturias.

  • O naufraxio do 'Arosa'

    O naufraxio do 'Arosa'

    O Arosa, un pesqueiro con bandeira do Reino Unido propiedade dunha armadora de Bueu, nafragou con dez tripulantes a bordo o 3 de novembro do 2000 na costa oesta de Irlanda. Só un dos tripulantes, un mozo de Marín, sobrevivíu á traxedia. O Miradoiro da Radio Galega emitiu, unha semana despois, esta reportaxe.

  • Alfonso Zulueta fala de Alexandre Bóveda

    Alfonso Zulueta fala de Alexandre Bóveda

    O programa O Miradoiro, dirixido por Xusto López Carril, entrevista a Alfonso Zulueta de Haz, ao cumprírense cen anos do nacemento do político galeguista Alexandre Bóveda.