CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineRG
  • O agro

    O agro

    Un programa que quere ser unha ventá aberta a iniciativas e proxectos agrícolas e gandeiros que pon en marcha a xente do campo. Está atento tamén ás innovacións que poidan ser de proveito no sector.

  • Planeta furancho

    Planeta furancho

    Planeta Furancho é un altofalante para a música galega contemporánea; un faro, unha axenda e un latexo diario e actual de todo canto acontece na nosa fascinante realidade musical. Conducido por Vituco Neira.

  • Xosé Manuel Olveira Pico na RG

    Xosé Manuel Olveira Pico na RG

    No programa Outro son, outra vida, Cristina Lombao falou con Xosé Manuel Olveira Pico, un dos actores máis coñecidos e máis queridos de Galicia. Na entrevista falan dos seus comezos, da súa historia profesional e privada e da súa visión do papel do actor e do teatro.

  • Olegario Sotelo Blanco, editor

    Olegario Sotelo Blanco, editor

    O empresario e editor Olegario Sotelo Blanco relata na Radio Galega, aproveitando as vacacións de Semana Santa, da súa vida de rapaz que marchou á emigración buscando "cultura e formación máis que cartos". Alí foi camareiro, detective, fíxose construtor e fundou a editorial.

  • Manuel Rosales, atleta multicampeón

    Manuel Rosales, atleta multicampeón

    O atleta Manuel Rosales gañou varias veces o maratón de Nova York nas categorías adaptadas á súa idade. Tiña 67 anos cando Xusto López Carril o entrevistou nesta edición do Miradoiro realizada desde o Café Moderno de Pontevedra.

  • Paco Pestana no Miradoiro

    Paco Pestana no Miradoiro

    O poeta e artista lugués Paco Pestana estivo na Solaina do Miradoiro para falar de todo un pouco, da súa arte, da súa poesía e da súa vida, pero sobre todo para amosar a súa personalidade peculiar cargada de retranca e de humor.

  • Noticias. Actualidade local Ourense

    Noticias. Actualidade local Ourense

    A Radio Galega inaugura os programas de información local en desconexión, co afán de atender máis polo miúdo a información de proximidade. Este é o primeiro programa local que se emite para a comarca de Ourense.

  • Benito Montero no Miradoiro

    Benito Montero no Miradoiro

    O fiscal xefe de Audiencia Provincial de Pontevedra, Benito Montero Prego, conta na Solaina do Miradoiro algunhas das súas intimidades, das razóns da súa profesión ou da súa convicción na defensa da lingua.

  • Noticias. Actualidade local de Lugo

    Noticias. Actualidade local de Lugo

    A Radio Galega inaugura os programas de información local en desconexión, co afán de atender máis polo miúdo a información de proximidade. Este é o primeiro programa local que se emite para a comarca de Lugo.

  • Noticias. Local Pontevedra/Vigo

    Noticias. Local Pontevedra/Vigo

    A Radio Galega inaugura os programas de información local en desconexión, co afán de atender máis polo miúdo a información de proximidade. Este é o primeiro programa local que se emite desde as delegacións de Pontevedra e de Vigo.

  • Noticias. Actualidade local. A Coruña

    Noticias. Actualidade local. A Coruña

    A Radio Galega inaugura os programas de información local en desconexión, co afán de atender máis polo miúdo a información de proximidade. Este é o primeiro programa local que se emite para a comarca de A Coruña.

  • Noticias. Actualidade local de Santiago

    Noticias. Actualidade local de Santiago

    A Radio Galega inaugura os programas de información local en desconexión, co afán de atender máis polo miúdo a información de proximidade. Este é o primeiro programa local que se emite para a comarca de Santiago de Compostela.

  • Carlos Valle no Diario Cultural

    Carlos Valle no Diario Cultural

    Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, colabora no Diario Cultural os anos 1991 e 1992. Aquí están boa parte das súas colaboracións semanais.

  • Recuperando a galiña de Mos

    Recuperando a galiña de Mos

    A galiña de Mos é unha especie autóctona en perigo de extinción para a que productores e administración artellaron programas de recuperación. Na Radio Galega contan cales son as súas características e ata a razón desa denominación tan peculiar.

  • A campaneira de Cervo

    A campaneira de Cervo

    Josefa Rouco foi a campaneira de Cervo durante 60 anos. E con 87 anos deixou o que para ela fora unha das súas principais ocupacións durante a maior parte da súa vida por desacordo co cura. A homenaxe que lle renderon obispado e veciños encheu a igrexa. Na Radio Galega contou a súa historia.

  • Chus Lago conta o Everest

    Chus Lago conta o Everest

    A alpinista viguesa Chus Lago, que subiu ao Everest sen osíxeno en 1999, conta a súa aventura nun libro que publicou dous anos despois. Coincidindo coa publicación dese volume (Everest, fuera de la Tierra), contou a súa aventura alpinista na Radio Galega.

  • Seguindo o afundimento do Prestige

    Seguindo o afundimento do Prestige

    O afundimento do Prestige e as consecuencia ecolóxicas e económicas que supuxo para Galicia foron o tema de portada de todos os programas informativos da Radio Galega de finais do 2002 e de boa parte dos de 2003. Un exemplo é este informativo Noticias Última hora dirixido por Alicia Buyo en de decembro de 2002.

  • Xosé Manuel Rey de Viana

    Xosé Manuel Rey de Viana

    O Miradoiro realizou unha longa entrevista emitida en cinco partes, co bailarín e coreógrafo Xosé Manuel Rey de Viana, creador do ballet que levou o seu nome e que levou a danza de Galicia por todo o mundo, días antes do renacemento do ballet, da man da Xunta de Galicia, en outubro de 1991.

  • O último Xacobeo do milenio

    O último Xacobeo do milenio

    A Infanta Elena de Borbón pronunciou en Roncesvalles o discurso que abriu o último Xacobeo do milenio, ante o ministro de Educación e Cultura, Mariano Rajoy, e os presidentes de oito comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago.

  • Santiago, capital cultural europea

    Santiago, capital cultural europea

    A Radio Galega retransmitiu en directo a presentación da Capitalidade Europea da Cultura do ano 2000, na que participaron o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, o ministro de Educación e Cultura, Mariano Rajoy, e o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.