CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineRG
  • Agustín Fernández Paz no Miradoiro

    Agustín Fernández Paz no Miradoiro

    O escritor chairego Agustín Fernández Paz, dedicado sobre todo á literatura infantil, docente, é entrevistado na Solaina do Miradoiro para falar da súa obra e da súa vida como ensinante nun centro de ensino medio de Vigo.

  • O afundimento do Cason

    O afundimento do Cason

    O cargueiro Cason incendiouse o 10 de decembro de 1987 fronte á costa galega. Faleceron 23 dos 31 tripulantes do navío. Miles de persoas da Costa da Morte foron trasladadas a Padrón e a Coruña, ante o perigo que se lle supoñía á carga que transportaba.

  • Andrés Torres Queiruga en '25 galegos'

    Andrés Torres Queiruga en '25 galegos'

    Antón de Santiago entrevista o teólogo Andrés Torres Queiruga en 25 galegos, un programa radiotipo de homes e mulleres galegas en pleno éxito da súa actividade. 

  • Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

    Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

    Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, sométese ás preguntas de Xulio Xiz no programa Amigos da Radio Galega. Na extensa conversa recorda a súa infancia e o mundo no que a viviu, a súa educación e a súa experiencia no mundo da política.

  • Xosé Vázquez Pintor en Literatura Viva

    Xosé Vázquez Pintor en Literatura Viva

    Escritor e docente nacido en Melide, Xosé Vázquez Pintor é un escritor e un mestre que, en Literatura Viva, repasa algúns dos seus poemas máis apreciados, mentres explica como foi a súa chegada á creación literaria e como viaxou por ela.

  • Xosé Fortes Bouzán

    Xosé Fortes Bouzán

    Xulio Xiz entrevista no programa Amigos da Radio Galega a Xosé Fortes Bouzán, que en 1975 foi procesado por pertencer á Unión Militar Democrática (UMD). No programa relata a súa experiencia vital desde a súa primeira infancia, a formación, a vida militar e o exercicio da docencia.

  • Terremoto en Galicia

    Terremoto en Galicia

    Os oíntes da Radio Galega comparten as súas experiencias personais dos tremores de terra que se sentiron en toda Galicia a noite do 22 de maio de 1997. Desde Ourense á Mariña, desde Ferrol ata Tui, as chamadas ateigaron as liñas da Galega.

  • Almorzando con Suso de Toro

    Almorzando con Suso de Toro

    Cristina Lombao almorza con Suso de Toro, que fala da novela policial que está escribindo, do oficio de escritor e do seu papel de outsider dentro das letras galegas e do difícil mundo da literatura e da imposible supervivencia co oficio de escritor.

  • Adeus a Camilo José Cela

    Adeus a Camilo José Cela

    A Tarde da Galega. 17 de maio de 2002. Conexión con Iria Flavia para asistir en directo ao enterro de Camilo José Cela. Unha chea de coroas encargadas desde todo o mundo despediron ao nobel nesta tarde de inverno, nun funeral que oficiou o Padre Isorna.

  • A fundación Camilo José Cela

    A fundación Camilo José Cela

    A morte do nobel galego Camilo José Cela persoeiros da cultura e da vida política galega falan nesta montaxe de Ernesto Mosquera, do seu legado a Galicia a través da súa Fundación. El mesmo fala do epitafio que lle gustaría na súa tumba.

  • Rouco Varela, en Amigos

    Rouco Varela, en Amigos

    Antonio Rouco Varela, arcebispo de Santiago, fala con Xulio Xiz no programa dos sábados, e fai un repaso da súa vida desde Vilalba ata a súa actividade como arcebispo en Compostela.

  • Manuel María, en Amigos

    Manuel María, en Amigos

    O poeta Manuel María relata vivencias e experiencias na entrevista que con el mantivo Xulio Xiz no programa Amigos, nos sábados da Galega. Nel Manuel María le algúns dos seus poemas máis queridos, dende Bágoas ata un soneto de amor dedicado a Saleta.

  • Torrente Ballester, pregoeiro en Poio

    Torrente Ballester, pregoeiro en Poio

    O escritor Gonzalo Torrente Ballester pronuncia o pregón da Semana Cultural de Poio, celebrada coincidindo coas festas da Mercé. Nel reclama a solidariedade dos galegos aquí entre si, como se observa cando están fora do país, e a defensa da pureza da lingua galega.

  • Que pasou en 1997?

    Que pasou en 1997?

    A Radio Galega resumiu a actualidade de 1997 nun programa especial emitido o 1 de xaneiro de 1998. Foi aquel ano en que ETA asasinou a José Luis Caso e Miguel Ángel Blanco, foi ano de comicios autonómicos e foi tamén ano de terremoto en Galicia. 

  • Qué pasou en 1998?

    Qué pasou en 1998?

    Este é o resumo do ano que a Radio Galega fixo de 1998, o ano en que o Discover Enterprise se empotra contra a Ponte das Pías, Rouco Varela é nomeado cardeal, Xoan Paulo II viaxa a Cuba, once estados son elexidos para compartir o euro e Pinochet é arrestado en Londres.

  • Especial Celso Emilio Ferreiro

    Especial Celso Emilio Ferreiro

    Onde o mundo se chama Celanova naceu o poeta Celso Emilio Ferreiro. Desde alí a Radio Galega elaborou este programa especial, convocando a persoas que conviviron co escritor. Celso Emilio Ferreiro foi homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1989.

  • Abe Rábade, na Solaina do Miradoiro

    Abe Rábade, na Solaina do Miradoiro

    Músico compostelán, pianista sobre todo, compositor, Abe Rábade pasa pola Solaina do Miradoiro para lembrar os seus comezos no estudio da música, con só 4 anos, e a súa traxectoria ata converterse nun referente do jazz. 

  • Juan Domínguez, desde Fisterra

    Juan Domínguez, desde Fisterra

    É un mariñeiro por encima de todo. Juan Domínguez, entrevistado na Solaina do Miradoiro por Amelia García ao pé do faro de Fisterra, foi un personaxe singular. Ademáis de mariñeiro, foi futbolista en Madrid, levou a Confraría de Pescadores e foi tamén

  • III Festa da Radio Galega

    III Festa da Radio Galega

    A III Festa da Radio Galega celebrouse en Ourense e foi transmitida tamén pola Televisión de Galicia. Alí recibiu parabéns de xente da radio de toda España: Joaquín Prat, Iñaki Gabilondo, Pepe Domingo Castaño, Matías Prats, Encarna Sánchez, José Luis Pecker, José María García, ou Mayra Gómez Kemp.

  • Milenio

    Milenio

    Mitos, lendas, tradicións, costumes populares, sabedoría ancestral, fenómenos inexplicables, misterio. Milenio é un programa de temática especializada sobre os enigmas do pasado e do presente, que conduce Antón Rebollido.