Especiais
#EsdaGalegaSe-
Galicia Fashion Week
Galicia Fashion Week, a semana da moda de Galicia, presenta as súas propostas para primaveira-verán do 2012 dos creadores Matteos, Perdona Bonita, Uxía Cardoso, Carmen Costa & Maiko e Olga Martínez.
-
Xabarín Club
Espazo que engloba a programación infantil-xuvenil na TVG. Na segunda metade dos 90 converteuse nun fenómeno social, con máis de cen mil socios (unha cuarta parte dos nenos de Galicia). Emitiu series de debuxos e espazos de produción propia e música orixinal.
-
Radio Onte
Nova fórmula musical nun programa que fai un percorrido pola nostalxia, por modas e estilos da música que se escoitaba en España e en Galicia desde finais dos anos 50 ata os 80. Con música e imaxes rescatadas da época ou recreadas cunha orquestra propia.
-
As bólas máxicas
Todo comeza cun neno pequeno que se chama Son Goku, que vive só na montaña Paozu. Foi atopado nunha selva polo ancián Son Gohan, que lle ensinou kung fu. Unha noite, Gohan morreu a mans dun monstro misterioso. Pero non é ata que coñece a Bilma cando empeza a súa aventura. Cando a coñece, ela convénceo para ir na busca das sete esferas do dragón, que, unha vez reunidas, invocan
-
Pratos combinados
A serie conta as peripecias da familia Pereira á fronte do Bar Suizo. O matrimonio formado por Miro Pereira e Balbina Santos comparte as súas venturas e desventuras cotiás cos seus fillos Rosalía e Miguel. A avoa Carmen completa con eles un panorama de tres xeracións con xeitos de pensar moi diferentes, que desencadean frecuentes situacións humorísticas. A eles súmanse o Tío Antón e Paspallás.
-
Magnum, P.I.
Serie policial que conta as aventuras de Thomas Magnum, un investigador privado que vive en Hawai, na illa de Oahu. Magnum conduce un Ferrari vermello e convive co mordomo Higgins, un ex-militar co que se leva bastante mal, e cos dous cans desde, Zeus e Apolo.
-
Padre Casares
O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home encaixa nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento.
-
O show dos Tonechos
O Show dos Tonechos é un programa de humor en que os protagonistas son o dúo -Os Tonechos-: Roberto Gómez (pai) e Pepo Suevos (Tucho, o fillo). A serie conta as andanzas da familia dos Tonechos que vive nunha casa pegada nunha urbanización moderna.
-
O príncipe de Bel-Air
O príncipe de Bel-Air narra as vivencias dun mozo a quen lle cambia radicalmente a vida cando se traslada a vivir ao selecto barrio de Bel–Air, en Hollywood. O rapaz chámase Will e criouse nun arrabalde do oeste de Filadelfia, onde pasaba o máis do tempo nas canchas de baloncesto e en malas compañías.
-
Matalobos
Matalobos é un thriller policial que se desenvolve nun lugar imaxinario, A Sardiñeira, da Galicia costeira. É unha vila mariñeira, de clima agradable e que experimentou un gran crecemento demográfico e urbanístico nos últimos anos.
-
Mareas vivas
É unha teleserie ambientada na vila mariñeira de Portozás (un lugar ficticio na Costa da Morte, en Galicia) e que conta a peripecia vital dalgúns dos seus habitantes a partir da chegada ao lugar de Andrés Domínguez, un xuíz novato.
-
Gracias pola galega
Gracias pola Galega é o programa que recompila anacos dos programas más coñecidos e de maior audiencia dos 5 primeiros anos de TVG.
-
Gata salvaxe
A protagonista de Gata Salvaxe é Rosaura Ríos; unha muller a quen os atrancos e as dificultades que atopa no camiño lle dan máis forza para saír adiante. Vendedora pola mañá, secretaria pola tarde e camareira á noite; así consegue esta moza sacar adiante a súa familia, composta por seu pai alcohólico, súa madrasta e seus dous medios ir
-
Galicia Expréss
Manuel abandona os estudos de dereito para realizar o proxecto que acariña desde hai tempo, unha mensaxería: Galicia Expréss. Para iso, conta co apoio da súa moza, Elisa Novo, -unha estudante de dereito brillante pertencente a unha boa familia, e coa axuda económica de Sandra, -a irmá maior de Elisa-.
-
Entre nós
Entre Nós comezou a emitirse de luns a venres o 9 de setembro de 1985. Producido inicialmente polo Departamento de Programas, Entre Nós ofrecía ao longo de 60 minutos entrevistas de actualidade, curiosidades e actuacións en directo.
-
Dallas
Dallas está ambientada no mundo das finanzas e do petróleo. Conta a historia dunha saga, os Ewing, que non teñen dabondo loitando por facerse co mercado do petroleo así que tamén loitan entre eles para facerse co poder na familia.
-
A catástrofe do Casón en directo
A catástrofe do Casón puidose ver en directo grazas a TVG. O 5 de decembro de 1987 produciuse o accidente do Casón fronte ás costas da Coruña. Ía cargado con 25.000 toneladas de mercadorías perigosas.
-
A Nanny
A Nanny é unha comedia de situación protagonizada por Fran Fine que fai de vendedora de cosméticos porta a porta, logo de deixar o emprego na tenda de seu ex prometido. Un día vai vender á porta dos Sheffield e alí consegue o emprego de aia.
-
A muller biónica
A muller biónica ten unhas pernas que lle permiten correr a unha gran velocidade, un brazo biónico que lle dá forza descomunal e un oído biónico supersensible. Como muller biónica, Jaime Sommers, leva unha dobre vida: é profesora nunha escola da base aérea de California e ao mesmo tempo realiza misións especiais del alto risco.