Especiais
Ana Kiro-
Parladoiro. Marina Castaño entrevista a Ana Kiro
Marina Castaño, xornalista e escritora, entrevista neste programa que ela dirixe a Ana Kiro, que fai un repaso pola súa vida musical e tamén polo seu percorrido vital en Cataluña e en Galicia.
-
Radio Galega: Ana Kiro na Radio Galega V
Ampla e interesante entrevista de Miguel Piñeiro a Ana Kiro que abriu as portas do salón da súa casa en Mera para recibir á Radio Galega. Este encontro tiña lugar con motivo do 25 aniversario da cantante sobre os escenarios.
-
Radio Galega: Ana Kiro na Radio Galega IV
Divertida entrevista realizada por Xosé Manuel Piñeiro a Ana Kiro na Radio Galega onde a cantante fala da súa experiencia televisiva no Supermartes da TVG e das xiras de verán polas vilas pequenas.
-
Radio Galega: Ana Kiro na Radio Galega III
Ana Kiro é entrevistada, nesta ocasión, por María Xosé Rodríguez e o desaparecido Santiago Davila, unha das voces máis emblemáticas da Radio Galega. Ana fai un repaso da súa traxectoria persoal e profesional dende o seu nacemento en Castañeda (Arzúa) ata o momento de facer a entrevista, cando a artista contaba con 48 anos.
-
Radio Galega: Ana Kiro na Radio Galega II
Entrevista a Ana Kiro con motivo da presentación do seu disco Flor de toxo, publicado en 1992. Ana amosa, unha vez máis, o seu lado máis humano e conta con emoción a noite de fin de ano que tivo que cantar para emigrantes galegos en México.
-
Radio Galega: Ana Kiro na Radio Galega I
Nesta entrevista na Revista semanal da Radio Galega, Ana Kiro fala da gravación do disco A culpa. A cantante amosa a súa ilusión pola saída deste traballo discográfico onde canta por primeira vez coa súa filla María. No disco tamén participa a Coral polifónica de Arzúa.
-
Parladoiro (V): Ana Kiro no programa Parladoiro da Radio Galega
Nesta quinta entrega da entrevista a Ana Kiro realizada por Marina Castaño no Parladoiro, a cantante fala da relación co seu home, Carlos Rivero, e explica a importancia que para ela ten o seu fogar e a súa familia.
-
Parladoiro (IV): Ana Kiro no programa Parladoiro da Radio Galega
Ana Kiro cóntalle a Marina Castaño a importancia que tivo na súa carreira artística comezar a cantar temas en galego. Nesta nova entrega da entrevista do Parladoiro, Ana fala do seu home e da súa filla, pezas fundamentais na súa evolución como muller e como cantante.
-
Parladoiro (III): Ana Kiro no programa Parladoiro da Radio Galega
Entrevista realizada a Ana Kiro o día de Aninovo de 1986 no programa Parladoiro presentado por Marina Castaño. Nesta ocasión, Ana fai un repaso das súas xiras internacionais e dos emotivos encontros con emigrantes nos centros galegos.
-
Parladoiro (II): Ana Kiro no programa Parladoiro da Radio Galega
Ana Kiro é entrevistada por Marina Castaño nun programa de fin de ano do Parladoiro.
-
Ana Kiro no VI aniversario da Radio Galega (1991)
Ana Kiro participa na festa do VI aniversario da Radio Galega en abril de 1991. Nesa festa vai presentar o que daquela era o seu último disco, “A Culpa”.
-
Ana Kiro canta coa súa filla María en Luar (1992)
Ana Kiro cantou coa súa filla por primeira vez en 1991 no disco “A Culpa”, e xuntas cantaron por primera vez en Luar no ano 1992.
-
Parladoiro (I): Ana Kiro no programa Parladoiro da Radio Galega
Entrevista realizada por Marina Castaño a Ana Kiro no programa Parladoiro.
-
Tardes con Ana (1999)
Ana Kiro continúa en TVG coa segunda temporada da revista “Tardes con Ana”. Un programa en que Ana Kiro pode desenvolver, un ano máis, a súa faceta de comunicadora e da artista; neste espazo Ana Kiro é a condutora do programa, fai entrevistas, modera un faladoiro, presenta un concurso e tamén canta.
-
Tardes con Ana
Despois do éxito acadado como presentadora do programa Toda unha vida emitido por TVG en 1996, Ana Kiro volve á Galega en 1998 como condutora da revista de tarde Tardes con Ana.
-
Toda unha vida
En 1996, Ana Kiro comeza unha nova etapa na súa longa carreira artística: a de presentadora. Faino nun programa musical semanal que se chamaba Toda unha vida.
-
Tardes con Ana (2000)
Ana Kiro volve entrar nos fogares galegos todas as tardes de luns a venres como presentadora estrela do seu propio programa “Tardes con Ana”, dirixido por Gloria Galiano. Tardes con Ana comeza a nova tempada coa "INFIDELIDADE" como tema central.
-
Miña sogra e mais eu (Serie, 2004)
Miña sogra e mais eu conta a historia de Óscar, actor en paro que se ve obrigado a trasladarse coa súa familia á casa de Ana, a sogra, unha muller viúva acostumada a unha vida acomodada e tranquila.
-
Ana Kiro canta panxoliñas no programa “Especial Lotería de Nadal”, 1990
Ana Kiro participou o 22 de decembro de 1990 no programa especial que TVG realizou co gallo da Lotería de Nadal. Neste programa, Ana Kiro cantou varias panxoliñas.
-
Homenaxe de “LUAR” a Ana Kiro, o día da súa morte
O programa “LUAR” rende homenaxe a Ana Kiro o día do seu falecemento. Todo o programa está dedicado á cantante, actriz e presentadora.