CRTVG

Buscar

Especiais

2012
  • 'Galicia caníbal' en Galicia por diante

    'Galicia caníbal' en Galicia por diante

    Kiko Novoa entrevista no Galicia por diante a Ana San Martín e Sergio Zearreta, protagonistas do musical Galicia caníbal que recrea a historia da movida viguesa dos anos oitenta.

  • Meus queridos veciños

    Meus queridos veciños

    Pola testemuña dos protagonistas e con entrevistas a expertos, conversas cos veciños e consultas nos arquivos históricos, vemos cales son as razóns e como se viven rivalidades históricas. No primeiro programa Corme e Laxe son os protagonistas.

  • Os bolechas

    Os bolechas

    Fenómeno editorial con máis dunha década ás súas costas, despois de douscentos títulos publicados e case un millón de exemplares distribuídos, esta familia de monicreques creada por Pepe Carreiro salta dos libros á TV da man da canle autonómica galega.

  • Londres en xogo

    Londres en xogo

    O deporte galego triunfou nos Xogos Olímpicos de Londres. Á capital británica viaxaron once deportistas galegos de elite e cinco deles volveron con medalla: David Cal, Xavier Gómez Noya, Tamara Echegoyen, Sofía Toro e Begoña Fernández.

  • Bum , bum, bumerang

    Bum , bum, bumerang

    Programa estival de entretemento, con reportaxes divertidas e refrescantes, enquisas na rúa, ou clases de baile ao aire libre, seguimento dos turistas que estan de vacacións en Galicia, e un "croma" a disposición de quen queira falar.

  • Valentín Paz Andrade. Verbas e feitos

    Valentín Paz Andrade. Verbas e feitos

    Documental, en dúas entregas, sobre Valentín Paz Andrade. Representantes do mundo cultural analizan a personalidade do intelectual galeguista, a quen a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras en 2012. 

  • Oficio de palabras

    Oficio de palabras

    Unha ventá aberta ao mundo das artes e das letras. As palabras e o pensamento serven de unión con distintos territorios artísticos. Nun tono intimista o presentador entrevista a persoeiros da vida artística, literaria e intelectual.

  • Caracois

    Caracois

    O mundo das relacións infantís desde a perspectiva duns animais de xardín. Serie dirixida a nenos e nenas de entre 2 e 4 anos de idade, baseada nas historias dunha serie de álbums escritos por Armando Quintero e ilustrados por André Letria.

  • Enrede

    Enrede

    Programa de música, onde os protagonistas son os grupos e as salas pertencentes á Rede Galega de Música ao Vivo. Semana a semana, o espectador descubrirá en cada recuncho de Galicia os proxectos e grupos musicais galegos que están emerxendo.

  • Grandes lugares

    Grandes lugares

    A historia afectiva e social de dúas poboacións galegas con moito que contar. A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, vemos lugares especiais, o seu modo de vida, as súas iniciativas orixinais e tamén as historias máis persoais.

  • Un soño de Nadal

    Un soño de Nadal

    A parella humorística Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo, vive e comparte con todos os galegos estas festas do Nadal. Namentres están traballando na limpeza das instalacións da TVG terán que encargarse de todas as emisións durante toda unha noite.

  • Tourilandia

    Tourilandia

    Programa de humor  que conta con sketchs, tanto no estudio coma en exteriores, convidados famosos que amosarán a súa vertente máis artística, actuacións en directo de grupos musicais e da propia banda do espazo, parodias, comedias de situación...

  • Se as vacas falaran

    Se as vacas falaran

    Historias moi próximas á realidade galega, con boa dose de entretemento, combinado co humor. O espazo discorre por toda Galicia na busca das vacas máis falangueiras, que son capaces de dicir o que ás veces os humanos non se atreven.

  • Billete de volta

    Billete de volta

    O palpitante e conmovedor mundo da emigración, desde a óptica dos emigrantes galegos que puideron volver á casa despois de toda unha vida fóra. Tamén é o retrato da peripecia vital de todos aqueles que viaxan polo mundo con Galicia como meta.

  • Adiviña quen vive aquí

    Adiviña quen vive aquí

    Viaxe sentimental, fetichista e divertida para coñecer as historias de mitos musicais galegos como Pucho Boedo, Juan Pardo, Julio Iglesias, Ana Kiro, Andrés Dobarro e Luz Casal, a través dos testemuños dos que compartiron a vida con eles.

  • O clan dos impostores

    O clan dos impostores

    Un grupo fixo de cinco persoas moi coñecidas pola audiencia, percorrerá toda Galicia na busca de experiencias únicas. É un desafío onde se compartan emocións, sorpresas, solidariedade e moita diversión.

  • 100% CEF

    100% CEF

    Obra producida e emitida co gallo do centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, este traballo inclúe conversas cos seus fillos, os seus biógrafos, amigos e escritores. E os seus poemas aparecen musicados nos máis diversos estilos.

  • Queres ser o mellor?

    Queres ser o mellor?

    Concurso diario no que compiten cinco concursantes: O mellor e o equipo de catro. O programa ten catro fases eliminatorias e unha pregunta final para adiviñar a cantidade de cartos que leva o gañador, que terá a posibilidade de concursar a semana seguinte.

  • Traslación do Apóstolo

    Traslación do Apóstolo

    Programa especial coa retrasmisión en directo da ofrenda ao Apóstolo que se realiza cada ano o 30 de decembro na Catedral de Santiago de Compostela.

  • Vaia troula

    Vaia troula

    As festas de Galicia son as protagonistas da man das reporteiras Sara López, Paula Señarís e Alicia Lombán. Os espectadores teñen a oportunidade de coñecer de preto e ser tamén protagonistas das celebracións e festas espalladas por todo o país.