CRTVG

Buscar

Especiais

2011
  • O agro

    O agro

    Un programa que quere ser unha ventá aberta a iniciativas e proxectos agrícolas e gandeiros que pon en marcha a xente do campo. Está atento tamén ás innovacións que poidan ser de proveito no sector.

  • Lois Pereiro I. Día das Letras Galegas

    Lois Pereiro I. Día das Letras Galegas

    O programa Diario Cultural comezou a principios de ano un espazo semanal denominado Diálogos con Lois Pereiro. Nel diferentes persoeiros da cultura falaron do poeta de Monforte coa poetisa Xiana Arias. Xavier Rodríguez Baixeiras asegura que Pereiro indaga na propia existencia.

  • Ó fio do retrato

    Ó fio do retrato

    Este programa lévanos a coñecer persoas sorprendentes, que nos abren as portas da súa casa e os seus álbums de fotos. Remexemos nos caixóns da memoria, desde os que compartimos as historias da súa vida.

  • Os contos do camiño

    Os contos do camiño

    Historias independentes inspiradas en contos de tradición oral de diferentes culturas. Cada capítulo corresponde a un álbum ilustrado e presenta composicións de músicos galegos. Serie dirixida a un público de 3 a 7 anos.

  • Reporteiros

    Reporteiros

    A reforma da Constitución / 11-S dez anos despois / Nas entrañas da terra. Estas tres reportaxes abren unha nova temporada deste programa.

  • Adeus a Manuel Fraga

    Adeus a Manuel Fraga

    Programa de urxencia por mor do falecemento de Manuel Fraga, expresidente da Xunta de Galicia. Nel faise a súa semblanza o e recóllese o sentir de persoas que traballaron con el, que compartiron a vida política ou que, compartiron con el as institucións democráticas.

  • Galicia Fashion Week

    Galicia Fashion Week

    Programa especial que recolle as coleccións presentadas na Galicia Fashion Week para a Primavera-Verán do 2012. Estas coleccións veñen da man dos diseñadores: Matteos, Perdona Bonita, Uxía Cardoso, Carmen Costas & Maiko e Olga Martínez.

  • A abella Maia

    A abella Maia

    As aventuras de Maia, unha abella nova, inquieta, aventureira e preguntona. Maia é enviada pola abella reina na procura de polen para a súa colmea. Nesta tarefa Maia, xunto co inseparable Willi o zángano, descobre un mundo novo e forxa amizades no bosque.

  • 15 Zona: cerco aos Matalobos

    15 Zona: cerco aos Matalobos

    Microespazo que se emite antes de Matalobos, na que os axentes da serie narran como está conformada a estrutura de Postos de Mando da Garda Civil en Galicia para mostrar como é o comezo dunha investigación.

  • ZigZag. Letras Galegas 2011

    ZigZag. Letras Galegas 2011

    Programa especial deste informativo cultural diario emitido en memoria de en homenaxe a Lois Pereiro o día en que se celebra a Festa das Letras Galegas na súa honra, no ano 2011.

  • Casamos

    Casamos

    Historias reais de amor que acaban en casamento. Aquí teñen cabida vodas de distintas relixións e razas, vividas en cadansúa contorna. Coñecemos a historia dos protagonistas, as razóns para o matrimonio e mesmo a celebración da voda.

  • Vivir aquí

    Vivir aquí

    Vivir aquí é un programa que escoita aos cidadáns, conta historias reais de xente real. Non promete que a súa historia vaia ocupar grandes titulares nos informativos, pero si promete unha cousa: serás escoitado.
  • Un mundo de nenos

    Un mundo de nenos

    Programa de entretemento familiar no que os pequenos da casa mostran a súa visión do mundo a través de debates e entrevistas.

  • O sofá

    O sofá

    Programa de humor no que un sofá aparece polas cidades e vilas galegas para que, dende alí, os mellores cómicos galegos poidan presentar o espazo, repleto de sketchs de humor.

  • Louredo responde

    Louredo responde

    Espazo de fición emitido antes de Padre Casares, no que as personaxes explican aquelas historias que quedaron sen concluír na serie, segredos do pasado, ou calqueira aspecto de interese para o público.

  • Era visto

    Era visto

    Unha comedia familiar, alternativa á ficción tradicional, na que destacan as conversas de Moncho coa cámara, un home optimista, casado con fillo, que vive nunha difusa zona rural, nun chalé solitario e a medio facer ao pé dunha estrada comarcal. 

  • Bamboleo

    Bamboleo

    Ofrece unha oportunidade a artistas descoñecidos, con bailes de salón, cos vídeos máis divertidos da Rede, cun test a parellas que pensan casar ou ir vivir xuntos, con seción de cámara oculta; e no que parellas consolidadas intercambian tarefas. 

  • Escoba

    Escoba

    Cinco mulleres dun barrio urbano galego xúntanse no Centro Sociocultural para xogar ás cartas e falar da súa vida. Marina, Sofía, Amparo, Antonia e Milagros xogan á escoba. Comedia de situación caracterizada polo protagonismo absoluto das mulleres.

  • Polo chan

    Polo chan

    Concurso no que representantes de trece concellos galegos terán que superar diversas probas físicas para conseguir o maior número de puntos posibles para acadar o primeiro posto da clasificación e, polo tanto, ser os vencedores do programa.