CRTVG

Buscar

Especiais

2008
  • Ben falado!

    Ben falado!

    Microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. A primeira entrega constou de 250 programas durante 2008-2009 e a segunda entrega consta de 230 programas que comezaron a emitirse en xuño de 2010.

  • 2008 en imaxes

    2008 en imaxes

    As imaxes e as noticias máis destacadas de 2008 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia.

  • Padre Casares

    Padre Casares

    O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home encaixa nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento. 

  • Os Atlánticos

    Os Atlánticos

    Os Atlánticos é o nome dunha orquestra de verbenas, salas de festa e discotecas que durante o verán percorre Galicia nunha furgoneta e polo inverno actúa cada fín de semana na macro discoteca Carpe Diem, onde traballan cinco músicos que fan dela a súa vida.

  • O país dos ananos

    O país dos ananos

    O país dos ananos é un programa en que os protagonistas son rapaces de primaria, entre 6 e 11 anos. Os nenos expoñen en voz alta e clara, sen atrancos, a súa visión do mundo, da vida dos adultos e de si mesmos. Saber como viven e como pensan hoxe os nenos galegos ofrece unha idea de como se irá conformando a sociedade galega do futuro. 

  • A Lexión de Superheroes

    A Lexión de Superheroes

    A Lexión de Superheroes céntrase nas aventuras dun novo Superman no século 31 que combate xunto cun grupo de superheroes, coñecidos como a Lexión dos superheroes. Un grupo de adolescentes do século 31 viaxa ao pasado para contratar a Superman na súa loita contra o mal. 

  • Diagnóstico asasinato

    Diagnóstico asasinato

    En Diagnóstico asasinato o doutor Mark Sloan traballa no hospital xeral da comunidade, ademais de colaborar co departamento de policía. O seu sufrido fillo, Steve Sloan, detective nese mesmo departamento, intenta que seu pai se manteña á marxe, pero non o consegue. 

  • Cazatesouros

    Cazatesouros

    A protagonista de Cazatesouros é Sydney Fox , unha profesora de historia pouco convencional que vive múltiples aventuras e arrisca a súa propia vida para atopar as reliquias máis fabulosas da Antigüidade. Os seus vastos coñecementos sobre as civilizacións antigas, combínanse cun amplo dominio de artes marciais e unha sensualidade a proba de malfeitores. 

  • Cociña para todos

    Cociña para todos

    O cociñeiro Juan Mato mostra a diario como preparar receitas, amenas e sinxelas, encamiñadas á consecución dunha cociña saudable.

  • Ben falado!

    Ben falado!

    Ben falado! é un microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. A través de o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar onde vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. 

  • Cousiñas

    Cousiñas

    Cousiñas é unha serie didáctica infantil. Basilio (boneco animado) e Raquel (personaxe real) son os protagonistas de 10 programas que aprendían aos nenos de ata 3 anos, a través de obxectos cotiáns, o universo máis próximo a eles. 

  • Anxo rebelde

    Anxo rebelde

    Anxo Rebelde é unha telenovela coproducida por Venezuela e OS Estados Unidos no ano 2004. É un drama romántico que ten como protagonista a Lucía, unha rapaza de vinte anos, atractiva e inxenua, que traballa arreo nunha liña de autobuses en Miami para manter a súa familia. Ela descoñece quen é seu pai e a familia á que p

  • Acurralada

    Acurralada

    Acurralada é unha telenovela producida en Venezuela por Venevisión Productions no ano 2007. A trama é unha apaixonante historia de amor, odio e vinganza nun escenario de luxo, suntuosas mansións, fermosas vistas ao mar, praias famosas, edificios abraiantes e xente “guapa”. 

  • A xuíza Amy

    A xuíza Amy

    Amy Gray  é unha muller acabada de separar e cunha filla que volve á súa cidade natal en Hartford (Connecticut) para converterse na xuíza do tribunal de menores. Tamén volve ao fogar familiar onde vai convivir con súa nai, Maxine, unha muller con moito carácter que non dubidará en inmiscirse en todos os casos que súa filla leve entre mans.