CRTVG

Buscar
  • 2006 en imaxes

    2006 en imaxes

    As imaxes e as noticias máis destacadas de 2006 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia

  • Planeta cine

    Planeta cine

    Espazo semanal estreado en xaneiro, no que se informa da actualidade cinematográfica da carteleira, ademais de facer seguimento das novidades do audiovisual, cunha ollada universal aínda que primando as producións feitas en Galicia. Inclúe entre os seus contidos unha sección dedicada á crítica cinematográfica; outra A vía láctea, un percorrido polo cine galego na historia, a cargo de Miguel Anxo Fernández; e a secc

  • Couto vivo

    Couto vivo

    Espacio de divulgación sobre as actividades da caza e a pesca en Galicia. Inclúe noticias de actualidade de interese para cazadores e pescadores, analiza as funcións reguladoras do ecosistema que cumpren estas actividades e divulga as normas que as deben rexir permanentemente.

  • Alalá

    Alalá

    Investiga e difunde a tradición musical galega e preséntaa desde o sitio onde permanece viva esa tradición. O programa difunde a recuperación da tradición musical e o seu paso dunhas xeracións a outras.

  • Volver ao rego

    Volver ao rego

    O espazo desenvólvese nun decorado que semellaba o salón de lectura dun antigo casino, coa participación do actor Lino Braxe no papel de camareiro e do pianista Alfredo Susavilas. Na primeira edición de Volver ao Rego, Barreiro Rivas entrevistou ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e con el fala das consecuencias persoais que se derivan do exercicio do poder. Na tertulia que segue á entrevista, participaron, Benxamí

  • Zapping comando

    Zapping comando

    Programa de humor integrado por sketchs de actores galegos, e con zapeo de ficción. Inclúe as crónicas de Churi e Antón, reporteiros encargados de facer as preguntas máis incómodas nos actos e convocatorias públicas en Galicia.

  • Somos unha potenzia

    Somos unha potenzia

    Programa de entretemento creado para confirmar se somos ou non unha potenzia. O humor né a súa principal arma. Nel realízanse entrevistas no plató, conta con varias seccións de carácter paródico e un famoso é o protagonista principal en cada unha das entregas. O primeiro dos entrevistados foi Arsenio Iglesias, como mostra da potenzia deportiva de Galicia.

  • Pepe o inglés

    Pepe o inglés

    Pepe ten unha querencia por todo o inglés -a ironía, os modais- que, sendo tamén moi galego, non se sabe moi ben de onde lle vén. Dirixe un taller de reciclaxe Pepe o Inglés Factory Recycling onde ademais fai pequenos inventos co seu axudante Suso, alcumado por Negreira o taxista, el pajarito.

  • Orquestras de Galicia

    Orquestras de Galicia

    Orquestras de Galicia é un programa musical que ten por finalidade divertir e entreter a audiencia da TVG Orquestras de Galicia aposta pola música e as actuacións das orquestras máis destacadas e míticas do panorama galego. 

  • Onda Curta

    Onda Curta

    Onda Curta amosa as curtametraxes e as creacións curtas, en xeral, dos cineastas galegos, con atención especial aos novos talentos. Cine en curtas, anuncios e vídeos que servirán para dar a coñecer novos realizadores e grupos emerxentes no panorama audiovisual galego.

  • O pequeno gran show

    O pequeno gran show

    Programa de variedades con distintas seccións que ten os nenos como protagonistas. Eles entrevistan  aos famosos que acoden como convidados ao programa. Ademais levan a cabo as súas pequenas grandes actuacións e espectaculares vinganzas lanzando tortas de merengue.

  • Maridos e mulleres

    Maridos e mulleres

    En calquera momento, cando ninguén o espera, a vida pode deixar de ser tan tranquila como parece. Isto é o que lles ocorre aos habitantes da urbanización Os Anxos, arredor de quen se desenvolve o argumento desta serie. En Maridos e mulleres, a combinación de humor e misterio guía a audiencia, que se deixa

  • Libro Aberto

    Libro Aberto

    Libro Aberto é un programa de produción propia da TVG que naceu co obxecto de contribuír ao fomento da lectura e apoiar o traballo dos escritores e máis das editoriais galegas. 

  • Invasión

    Invasión

    Invasión conta os avatares dunha familia afectada por un furacán terrible e devastador e que reflicte as repercusións que esta traxedia produce nunha cidade pequena do estado de Florida.

  • Hai debate

    Hai debate

     Diferentes convidados -analistas, comentaristas e políticos- debaten cada semana sobre temas de actualidade, dende unha perspectiva plural e sen máis restricións que a boa camaradería e o respecto duns a outros. 

  • Goomer

    Goomer

     Goomer -o terrícola- e o seu robot Marcus chegan na súa nave, A Galiña Milenaria, ao planeta Mox, onde a nai de Goomer, a computadora máis lista do universo, detectara indicios de vida. En Mox recíbenos os alieníxenas, personaxes moi peculiares e cun xeito de vida semellante ao dos terrícolas. 

  • Galicia ras

    Galicia ras

    Galicia Ras é o programa para os amantes do deporte do motor. Galicia Ras ofrece reportaxes das competicións automobilísticas galegas nas súas distintas especialidades.

  • Galicia para o mundo

    Galicia para o mundo

    Percorrido polas artes pesqueiras que definen as terras e as xentes do mar das Rías Baixas. O percorrido comeza no monte Louro e remata ao pé do Tegra. Cómo se cría, se pesca, se vente, se cociña o mellor producto que nace nas rías galegas.

  • Os contos da mosca

    Os contos da mosca

    Os contos da mosca é unha serie infantil de debuxos animados. A protagonista é unha mosca inusual con zapatos marróns e con aspecto de neno roñón.

  • Escola de surf

    Escola de surf

    Escola de surf é unha serie xuvenil que se desenvolve nas praias de Sydney e representa un paraíso integrado por adolescentes afortunados que foron seleccionados para formar parte dunha competitiva academia de surf. A serie trata das aventuras de quince adolescentes e a súa paixón polo surf pero tamén trata de reflectir os valores da amizade e do