CRTVG

Buscar

Especiais

2001
  • A noite de San Xoán

    A noite de San Xoán

    Paco Rivas presenta este programa na noite de San Xoán e nel recóllense historias sobre as súas orixes, as súas manifestacións, divertimentos, costumes e crenzas, ritos e máis elementos da festa do día máis longo do ano.

  • Recuperando a galiña de Mos

    Recuperando a galiña de Mos

    A galiña de Mos é unha especie autóctona en perigo de extinción para a que productores e administración artellaron programas de recuperación. Na Radio Galega contan cales son as súas características e ata a razón desa denominación tan peculiar.

  • A campaneira de Cervo

    A campaneira de Cervo

    Josefa Rouco foi a campaneira de Cervo durante 60 anos. E con 87 anos deixou o que para ela fora unha das súas principais ocupacións durante a maior parte da súa vida por desacordo co cura. A homenaxe que lle renderon obispado e veciños encheu a igrexa. Na Radio Galega contou a súa historia.

  • Chus Lago conta o Everest

    Chus Lago conta o Everest

    A alpinista viguesa Chus Lago, que subiu ao Everest sen osíxeno en 1999, conta a súa aventura nun libro que publicou dous anos despois. Coincidindo coa publicación dese volume (Everest, fuera de la Tierra), contou a súa aventura alpinista na Radio Galega.

  • Vicente Ferrer no Miradoiro

    Vicente Ferrer no Miradoiro

    Mari Pereira entrevista a Vicente Ferrer, presidente da fundación humanitaria que leva o seu nome, premio Príncipe de Asturias, coincidindo coa súa visita a Santiago para participar na xornada O voluntariado, unha oportunidade para a participación.

  • TXmediodía Deportes

    TXmediodía Deportes

    A información deportiva ten unha identidade propia dentro dos informativos de mediodía da TVG. Éste é un día histórico no se que enfrontan o Deportivo e o Arsenal na Liga de Campións.

  • Galicia século XXI

    Galicia século XXI

    Galicia chegou tarde á Revolución Industrial, ¿saberá agora aproveitar a oportunidade que representa a nova economía da Sociedade da Información?. O programa combina a visión global do cambio do mundo coas opcións locais de resposta ao desafío.

  • Comediantes

    Comediantes

    Así son os comediantes. Un docusoap protagonizado polos actores e actrices cos que os galegos vivimos cada día, no que nos contan non só o que xa coñecemos do seu traballo, senon tamén como son e que fan cando non están na pantalla ou no escenario.

  • Por amor á arte

    Por amor á arte

    O músico Carlos Núñez é o protagonista do primeiro programa desta serie, na que van aparecendo persoeiros da arte, da música, da literatura, da costura, das artes dramáticas ou da literatura. Con Carlos Núñez o programa viaxa ata o Alto do Poio-Cebreiro, para recoller as loias do último brindeiro do Courel. Sube ata a Cova da Moura, na parroquia da Mezquita, e escoita lendas fantásticas. Tamén o vemos actuando nun concerto.

  • Pista de baile

    Pista de baile

    O baile de competición é o protagonista deste programa. Nel aparecen as parellas que nese momento están na elite desta modalidade e que participan nos circuitos máis importantes de España. No primeiro programa as parellas participantes amosan as súas habilidades desde a praia de Aro, en Xerona.

  • Pequeno hotel

    Pequeno hotel

    Comedia de situación que se desenvolve nun hotel situado a carón da muralla de Lugo, é unha serie de 26 capítulos de 35 minutos de duración, dirixida a un público familiar, rural e urbano. As tramas de “Pequeno Hotel” estan centradas nos cruces entre os donos e os empregados do hotel, e os dive

  • Terra de Miranda

    Terra de Miranda

    A serie discorre na Terra de Miranda, unha vila imaxinaria do interior de Galicia á que chega Carmela, unha muller separada procedente de Vigo, á que acompañan os seus dous fillos, coa idea de retomar a súa profesión de veterinaria. Alí en Miranda

  • O príncipe de Bel-Air

    O príncipe de Bel-Air

    O príncipe de Bel-Air narra as vivencias dun mozo a quen lle cambia radicalmente a vida cando se traslada a vivir ao selecto barrio de Bel–Air, en Hollywood. O rapaz chámase Will e criouse nun arrabalde do oeste de Filadelfia, onde pasaba o máis do tempo nas canchas de baloncesto e en malas compañías.

  • Maite Cabezas: Cantei no "Luar"...Miña nai non o superou

    Maite Cabezas: Cantei no "Luar"...Miña nai non o superou

    A xornalista Maite Cabezas lembra como se botou a cantar no programa Luar, atrevemento que aínda non superou súa nai.

  • Galicia Expréss

    Galicia Expréss

    Manuel abandona os estudos de dereito para realizar o proxecto que acariña desde hai tempo, unha mensaxería: Galicia Expréss. Para iso, conta co apoio da súa moza, Elisa Novo, -unha estudante de dereito brillante pertencente a unha boa familia, e coa axuda económica de Sandra, -a irmá maior de Elisa-.

  • Cibernatura

    Cibernatura

    Cibernatura é un espazo divulgativo de 15 minutos que se propuña a toma de conciencia sobre a necesidade de coidar o planeta Terra da destrución e da degradación que supoñen certos hábitos.

  • Contagotas

    Contagotas

    Contagotas é unha espazo divulgativo que procuraba a sensibilización para o coidado do medio natural.

  • A chistera