Especiais
1999-
Manuel Colmeiro, pintor
Programa especial dedicado á figura do pintor Manuel Colmeiro (1901-1999). O artista, falecido o 1 de outubro de 1999, relata aspectos da súa vida e amosa a valoración que fai da arte, da evolución da súa obra e da arte do futuro.
-
Xacobeo 99. Camiñantes de Galicia
Monforte acolleu o concerto do Xacobeo 99 Camiñantes de Galicia presentado por Juan Pardo con Mela Casal e Gloria Ferreiro. Actúan Marta Sánchez, Alberto Comesaña, Los Piratas, Sabela, Os Cempés, Xosé Manuel Piñeiro e a Banda municipal de gaitas.
-
Xacobeo 99. Todos con Santiago
A cidade de Ferrol acolle este concerto do Xacobeo 99, presentado por dous ferroláns moi populares: Paula Vázquez e Juan Pardo. Nel actúan Jarabe de Palo, Patricia Soler, Camela, Navajita Plateá, Pecos, Cristina, Cómplices, Edu...
-
Xesús Alonso Montero xubílase
O profesor Xesús Alonso Montero xubílase da súa actividade docente e é obxecto de varias homenaxes. Ana Romaní entrevístao na Radio Galega e con el fala da súa historia como profesor.
-
Homenaxe a Suso Vaamonde
O cantautor foi obxecto dunha homenaxe en Salvaterra de Miño que a Radio Galega emitiu en directo. Compositor desde os 17 anos,formou parte de grupos como Os Copens e Marco Balorento, para consolidarse como cantautor posteriormente.
-
The Rolling Stones. Especial
Co concerto que os Rolling Stones deron no verán de 1999 no Monte do Gozo inaugurouse a serie que trouxo a Galicia grandes figuras da música mundial dentro dos concertos da fin do milenio. Éste é un programa especial que se emitiu en directo o día do concerto.
-
Cara ó 2000
Retransmisión das festas que tiveron lugar nas Prazas da Quintana e do Obradoiro, en Santiago de Compostela, para despedir o século XX e darlle a benvida ao século XXI.
-
A Revista: eclipse sobre Europa
Programa especial realizado en directo desde o exterior da Casa das Ciencias da Coruña e desde o plató de San Marcos, por mor do eclipse total de Sol que no verán de 1999 cubriu toda Europa.
-
Concerto das badaladas
Durante trinta minutos as campás de Compostela xúntanse para converterse nunha única orquestra e actívanse no chamado Concerto das badaladas que tivo lugar o 25 de xullo de 1999.
-
Mil999. Un ano en imaxes
Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo de 1999 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información.
-
Descúbreme
Serie documental que fai un percorrido turístico por Galicia. En catro capítulos ofrécese unha visión dunha zona de cada unha das provincias galegas. Desde as comarcas máis costeiras coma A Costa da Morte e A Mariña Lucense ata o interior coma O Salnés e A Ribeira Sacra.
-
Milenium
A guerra é o asunto do que se fala neste programa, no que é entrevistado o ex-secretario xeral da OTAN Javier Solana, que rememora os momentos dramáticos dos bombardeos de Iugoslavia, sen dúbida ata daquela a crise internacional máis perigosa desde o final da "guerra fría". Tamén reflexiona sobre o peso histórico que supón ser o home que tomou a terrible decisión de ordear o primeiro ataque armado da OTAN desde a súa creac
-
Galicia de moda
Espacio de divulgación da moda e do deseño textil galego en formato magazine documental. Na súa primeira entrega presenta as doce firmas que estarán presentes en toda a serie: Adolfo Domínguez, Kina Fernández, Caramelo, Montoto, Toypes, Unicén, Antonio Pernas, Roberto Verino, Selmark, Pili Carrera, Mafecco e Florentino. O espacio emitiuse tamén para Europa e América.
-
Telquelexou
É o espacio herdeiro do Téquele téquele, que introduce, ademáis do karaoke clásico, o formato dos bailes de salón, previa selección das mellores parellas galegas. Realizado nun plató que reproduce un salón de baile, as parellas compiten no baile. Un xurado puntúa aos concursantes.
-
Chambo
Programa musical dirixido a un público mozo que se ofrece, nunha linguaxe moi común con ese público, a converterse en prataforma para queles que teñan algo que dicir e tamén como instrumento para presentar as músicas máis novidosas. No seu primeiro programa son os protagonistas Los Piratas, de Iván Ferreiro, e o cantautor Ismael Serrano.
-
Mareas vivas
É unha teleserie ambientada na vila mariñeira de Portozás (un lugar ficticio na Costa da Morte, en Galicia) e que conta a peripecia vital dalgúns dos seus habitantes a partir da chegada ao lugar de Andrés Domínguez, un xuíz novato.
-
Entre a terra e a lúa
Entre a Terra e a Lúa é un programa semanal dos Servizos Informativos de media hora de duración. O programa está composto por 2 reportaxes, unha entrevista que fai a propia presentadora e unha ruta cultural.