Especiais
1998-
Especial 24 de xullo
O Especial 24 de xullo é unha gala especial que se emite a véspera do Día de Galicia. Nel caben actuacións musicais dos maiores referentes da música galega. O programa inclúe tamén a emisión dos Fogos do Apóstol, a sesión pirotécnica que anuncia o 25 de xullo.
-
Qué pasou en 1998?
Este é o resumo do ano que a Radio Galega fixo de 1998, o ano en que o Discover Enterprise se empotra contra a Ponte das Pías, Rouco Varela é nomeado cardeal, Xoan Paulo II viaxa a Cuba, once estados son elexidos para compartir o euro e Pinochet é arrestado en Londres.
-
Educar hoxe
Experiencias formativas de nenos, pais e mestres durante o curso escolar. O inicio do primeiro curso escolar dos máis pequenos, a chegada á escola ou a experiencia de compartir son analizadas no espacio, que debate sobre as tarefas extraescolares.
-
Vivi-lo mar
Espazo con vocación didáctica especializado na elaboración de reportaxes divulgativas sobre as actividades marítimas e pesqueiras de Galicia, un sector de importancia socioeconómica capital no noso país. A costeira do bonitoé a protagonista deste capítulo.
-
Tardes de verán
Magazín diario de actualidade e entretemento, en directo durante tres horas contaba coa colaboración do grupo humorístico Risoterapia, con Paco Lodeiro e Carlos Jiménez, e outras seccións propias de espazos de verán.
-
1998. Resumo do ano
Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo de 1998 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información.
-
Galicia directo
Programa diario que lle presta unha atención especial á actualidade local, elaborada desde as distintas delegacións da TVG, con reportaxes personalizadas.
-
Telexornal. Desde Bruxelas
Os servicios informativos de TVG realizaron nos primeiros días de maio de 1998 os telexornais desde o Coliseum de Bruxelas, a sede da Comisión Europea, onde se celebrou o Cumio de Xefes de Estado e de Goberno que decidiría a posta en marcha da moeda única e o calendario para a súa implantación en Europa. TVG compartíu set nos soportais do Coliseum coas principais televisións europeas.
-
Tardes con Ana
Despois do éxito acadado como presentadora do programa Toda unha vida emitido por TVG en 1996, Ana Kiro volve á Galega en 1998 como condutora da revista de tarde Tardes con Ana.
-
Helena Soto: Nos especiais da lotería de Nadal podías "Soltarte a melena"
Helena Soto lembra que ten moi bos recordos dos especiais da Lotería de Nadal.
-
Facer memoria.
O primeiro capítulo desta serie documental recolle pasaxes da historia de Compostela, de Sarria e de Terra de Montes a través da revisión das fotografías historicas. Inclúe tamén unha reportaxe sobre a obra fotográfica de Luis Ksado.
-
Con luz propia
É un programa no que se pretende coñecer máis de preto a famosos artistas musicais. Na súa primeira edición os objetivos son Julio Iglesias, Gloria Estefan, Antonio Machín e os Beatles.