CRTVG

Buscar

Especiais

1997
  • Terremoto en Galicia

    Terremoto en Galicia

    Os oíntes da Radio Galega comparten as súas experiencias personais dos tremores de terra que se sentiron en toda Galicia a noite do 22 de maio de 1997. Desde Ourense á Mariña, desde Ferrol ata Tui, as chamadas ateigaron as liñas da Galega.

  • Que pasou en 1997?

    Que pasou en 1997?

    A Radio Galega resumiu a actualidade de 1997 nun programa especial emitido o 1 de xaneiro de 1998. Foi aquel ano en que ETA asasinou a José Luis Caso e Miguel Ángel Blanco, foi ano de comicios autonómicos e foi tamén ano de terremoto en Galicia. 

  • Galicia Terra Única. O son do Renacemento

    Galicia Terra Única. O son do Renacemento

    Musical previo ao Día de Galicia, con Juan Pardo, Amancio Prada, Rocío Jurado, Xosé Manuel Budiño, María Manuela, Paloma San Basilio, Berrogüeto, Ana Kiro, El Consorcio, Trazantes de Tenorio, Xeque Mate e Cantareiras de Castro Floxo e Trullada.

  • Galicia Terra Única. O son do noso tempo.
  • Galicia Terra Única. O son das Américas

    Galicia Terra Única. O son das Américas

    Juan Pardo foi a estrela central de varios dos musicais incluídos dentro da serie que baixo o nome Galicia Terra Única organizou a Consellería de Cultura en 1997. En Vigo celebrouse o concerto O son das Américas, que el presentou con Paloma San Basilio.

  • Decine

    Decine

    Espazo semanal no que tiña cabida a actualidade cinematográfica, cunha importante presenza do audiovisual galego. Presentábase cun formato innovador e toma a “Z” de El Zorro como símbolo do que vén a representa-lo mundo do cine, diversión e fábrica de soños.

  • Luar

    Luar

    Inicia a súa sexta temporada este programa de música popular e variedades coa novidade de incorporar como presentadora a Patricia Pérez, muller televisiva nacida na TVG e cunha ampla e exitosa carreira.

  • Galicia terra única

    Galicia terra única

    Serie documental que pretende facer un ilustrativo percorrido pola historia da cultura de Galicia e que abrangue desde as primeiras manifestacións artísticas ata as últimas creacións actuais. Tendo como referencia sete exposicións ubicadas en cada unha das grandes cidades galegas, cada capítulo da a coñecer os aspectos representativos dunha época. A serie comeza en Lugo co capítulo dedicado á cultura castrexa e romana.

  • A familia Pita

    A familia Pita

    A señora Pita aluga cuartos a unha serie de persoas curiosas que co tempo se convertirán nun simulacro de familia. A casa da Sra. Pita, viúva dende hai nove anos, recibe como hóspede a Manuel, un parente do que nin se coñece o seu aspecto e que vai estudar oposicións. As circunstancias, sen embargo, engaden novos convidados á casa da familia Pita.

  • Bis a vis

    Bis a vis

    Programa baseado na loita de sexos no que homes e mulleres comparten e debaten sobre as súas formas distintas de ver a vida. Algúns convidados aportan os seus testemuños e a súa forma de pensar e proceder e, a partir de aquí, o público asistente separado entre unha grada de homes e outra de mulleres, debaten. Esta primeira entrega do programa titúlase ... ao volante, perigo constante.

  • Teletubbies

    Teletubbies

    Programa con contidos orientados aos bebés e aos cativos de idade preescolar, deseñado para axudar aos máis cativos a coordinar observación, atención e comprensión.É unha comedia de primeiros conceptos, números, cores, formas, que reúne por primeira vez rapaces de todo o mundo, falando nos seus idiomas orixinais. Os Teletubbies gozan vendo o seu reflexo no espello. Luminosos, coloristas, xoguetóns e cariñosos, así son os

  • O tesouro

    O tesouro

    O mundo do fantástico e do descoñecido da man de Ánxel Fole. Adaptación televisiva do conto de Anxel Fole, en formato 16:9 e gravado en vídeo dixital. O Castelo de Soutomaior, en Pontevedra, o pazo e a igrexa de San Lourenzo e o Hostal dos Reis Católicos, en Santi

  • Téquele Téquele

    Téquele Téquele

    O primeiro karaoke feito en lingua galega. O programa era diario, e emitíase pola tarde, realizado en exteriores, en distintas comarcas galegas.

  • Boanoite Noiteboa

    Boanoite Noiteboa

    Na noite do 24 de decembro de 1997, Juan Pardo, amais de cantante, é  presentador e actor. Caracterizado de avó presenta as felicitacións de Nadal de diferentes concellos de Galicia. Desde o escenario, Juan Pardo presenta os artistas que participan no espectáculo.

  • Luar (1997)

    Luar (1997)

    Luar é o programa musical da Televisión de Galicia que leva emitíndose ininterrompidamente desde 1992. Desde o inicio estivo presentado por Xosé Ramón Gayoso que tivo varias compañeiras presentando con el.

  • Lola Corazón

    Lola Corazón

    Lola Corazón comezou sendo unha sección da revista De todo corazón no ano 1996 e rematou tendo entidade propia. En Lola Corazón tiñan cabida os eventos sociais que se producían en Galicia e tamén atendía asuntos do “corazón&r

  • Especial informativo 25 de xullo
  • Dezine
  • Descúbreme

    Descúbreme

    Descúbreme é un programa documental que fai un percorrido por diferentes rutas de Galicia en coche. Cada capítulo comezaba indicándonos a distancia en quilómetros desde as cidades de Galicia ata o inicio da ruta. 

  • Bis a vis