Especiais
1996-
Crónica sentimental
Un percorrido pola historia da vida social, política, cultural e deportiva de España e Galicia do ano 1950 ata o 1975. Esta serie conta os acontecementos máis importantes da historia de España e de Galicia. Contén imaxes procedentes do No-Do, de mediatecas europeas e de
-
O semanal. A sentenza da Nécora
Unha sentenza indignante. Reportaxe sobre a sentenza final do caso Nécora, que causou indignación na opinión pública galega. As rebaixas de condena aos principais acusados, cuestionan tanto a instrucción do xuíz Garzón como as confesións dos arrepentidos.
-
A repanocha
Personaxes convidados aparecen contando chistes no plató relativos aos seus respectivos ámbitos profesionais. Hai tamén chistes de galegos que viven fora de Galicia, cámaras ocultas e un concurso entre os dous grupos que protagonizan cada edición do programa.
-
Telexornal Serán
Relevo á fronte da Delegación do Goberno de Galicia de Domingo García Sabell, sustituido por Xoán Manuel Diz Guedes, o mesmo día en que José María Aznar, recén investido como presidente do Goberno, comparece no Congreso na súa primeira sesión de control.
-
Hai que ver!
Programa de entrevistas con personaxes de actualidade, experiencias singulares e un apartado dedicado a recrear os mundos autóctonos de personaxes de orixe galega.
-
1996. Resumo do ano
Resumo das noticias máis importantes emitidas ao longo de 1996 polos distintos programas informativos da Televisión de Galicia. As imaxes e os protagonistas conforman o son da información.
-
Reporteiros. Chamados para a gloria
30 minutos á semana para tratar fondamente un tema de actualidade ou de impacto. Chamados para a gloria, de María Xosé Arrojo, seguíu o esforzo e a preparación dos deportistas galegos que estarían nos Xogos Olímpicos de Atlanta.
-
Salsa verde
Revista de humor dividido en tres parte, a primera dedicada a situación da vida cotiá galega, a segunda sobre fútbol e a última á prensa do corazón.
-
O Semanal
Leopoldo Nóvoa na Bienal de Arte de Pontevedra, o enfrontamento de chipriotas e gregos en Chipre, O Papa Xoan Paulo II, que escoitou en Castelgandolfo a muiñeira que leva o seu nome (A muiñeira de Wojtyla), e a desaparición do sacerdore ourensán Alexandre Lorenzo no Mont Blanc, conforman o sumario deste programa semanal de reportaxes.
-
María Bouzas: Paseino moi ben na "Familia Pita"
A Familia Pita foi o meu primeiro traballo en TVG. Paseino moi ben.
-
Especial Noiteboa con Juan Pardo
Programa musical especial de Nadal que conta coa colaboración especial de Xil Ríos, Sabela e Ana Kiro, e coa actuación coral de varios dos presentadores de TVG.
-
Buck Rogers
Buck Rogers foi unha teleserie que tivo un grande éxito en todo o mundo e que co tempo se convertería en serie de culto. Está baseada no clásico superheroe espacial dos anos 30 Back Rogers, un astronauta do século XX a quen se lle avaría a nave, esnáfrase no Ártico e queda sepultado no xeo.
-
A repanocha
Programa de humor realizado en plató con público e con vídeos de xente contando chistes, con vídeos de cámaras ocultas e con vídeos de humor variado. Hai tamén intervención do público en directo sempre contando chistes ou historias divertidas.