Especiais
1991-
VI aniversario da Radio Galega
A Radio Galega celebra o seu sexto aniversario no Auditorio de Santiago de Compostela cunha festa chea de música galega.
-
Carlos Valle no Diario Cultural
Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, colabora no Diario Cultural os anos 1991 e 1992. Aquí están boa parte das súas colaboracións semanais.
-
Xosé Manuel Rey de Viana
O Miradoiro realizou unha longa entrevista emitida en cinco partes, co bailarín e coreógrafo Xosé Manuel Rey de Viana, creador do ballet que levou o seu nome e que levou a danza de Galicia por todo o mundo, días antes do renacemento do ballet, da man da Xunta de Galicia, en outubro de 1991.
-
O último Xacobeo do milenio
A Infanta Elena de Borbón pronunciou en Roncesvalles o discurso que abriu o último Xacobeo do milenio, ante o ministro de Educación e Cultura, Mariano Rajoy, e os presidentes de oito comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago.
-
Araceli Filgueira no Programa da Tarde
Araceli Filgueira foi asesora cultural do Pabillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla. Era tamén colaboradora do Programa da Tarde e desde Sevilla converteuse nunha cronista de excepción do que ocorría na Expo 92. Sobre eso e outras cousas versan a súas colaboracións.
-
Guerra no Golfo
Programa informativo especial realizado por mor da guerra declarada no Golfo de Arabia, despois de que Irak invadira Kuwait. Televisión de Galicia fixo unha cobertura especial do conflicto e neste programa interviron os enviados especiais a Oriente Medio, Xavier Vaz e Xan Freire, e os corresponsais en París, Carlos Carballo, e en Nova York, Xosé Manuel García Bouzas.
-
Informes Tvg
Namibia, augas prohibidas, sobre o contencioso aberto sobre a pesca naquel país e a retención de oito barcos galegos acusados de pesca ilega, e Esta terra é do amo, sobre os arrendatarios de terreos en Galicia, son as dúas primeiras reportaxes deste novo programa semanal dos Servicios Informativos. Celsa Martínez e Xavier Vaz, respectivamente, asinan esas dúas re
-
Sabor a ti
Magazine no que debuta como presentadora de televisión Silvia Jato con música, entrevistas e un concurso, neste primeiro programa con personaxes da TVG como concursantes: Celia Pérez, Manuel Pampín, Dolores Bouzón e Pemón Bouzas. Alfredo Conde é o personaxe invitado neste primeira edición. Actuacións musicais a cargo de Los Panchos e da orquestra do programa.
-
Unha de romanos
Programa de ficción en clave de humor que xoga coa idea dunha nova colonización dos romanos de hai 20 séculos. Dous soldados da Roma clásica percorren Galicia, mentres aparecen tamén escenas rodadas en estudio de personaxes históricos.
-
Cunqueiro, os días do Fabulador
Cunqueiro, os días do fabulador é unha serie documental de televisión, dirixida e realizada por Miguel Anxo Murado e producida por Voz TV para TVG.
-
Labranza
Labranza é un programa de reportaxes que intenta divulgar as últimas técnicas que se están a empregar nos distintos sectores produtivos do agro galego, desde a gandería de leite ata a viticultura, sen esquecer o sector forestal, como representación do complexo agrogandeiro de Galicia ou a crecente industria agroalimentaria galega.
-
Helena Soto: Para facer tantas tonterías en TV hai que amar o espectador
Helena Soto di que co paso dos anos segue a pensar o mesmo
-
Helena Soto: "Máis Ozono"...que tolos eramos!
Helena Soto lembra como no verán de 1991 percorreu Galicia co programa Máis Ozono de Chichi Campos, no que tamén estaba Manquiña.
-
Galicia no tempo
Galicia no tempo foi a primeira gran serie documental producida e realizada por TVG.
-
A nai de todas as batallas
A primeira Guerra do Golfo, que se desatou a noite do 17 de xaneiro de 1991, obrigou a facer un gran esforzo informativo.
-
Etcétera (1991)
Etcétera é un programa cultural que se emitiu case 10 anos, e sempre dirixido polo escritor Luís Mariño.
-
En pé de festa
En Pé de Festa é un programa en directo que se emitía os sábados e os domingos pola mañá. O equipo do programa acudía ás festas máis emblemáticas de Galicia.