CRTVG

Buscar

Especiais

1987
  • O afundimento do Cason

    O afundimento do Cason

    O cargueiro Cason incendiouse o 10 de decembro de 1987 fronte á costa galega. Faleceron 23 dos 31 tripulantes do navío. Miles de persoas da Costa da Morte foron trasladadas a Padrón e a Coruña, ante o perigo que se lle supoñía á carga que transportaba.

  • 1987. Resumo do ano

    1987. Resumo do ano

    Resumo das noticias máis relevantes e das imaxes máis impactantes que manexou a redacción dos Servicios Informativos da TVG en 1987.

  • A banda de Ovidio

    A banda de Ovidio

    Serie de animación protagonizada por Ovidio, un parrulo que vive nunha illa tropical dos mares do sur, onde vive aventuras cos seus amigos Ventrucho, o seu curmán; Guá, un tucán, e Polo, un lagarto. O malo é Zozo, outro tucán de peteiro irisado, e Pi, a pitón.

  • A ver que vai ser isto

    A ver que vai ser isto

    Programa de humor que serve para adiantar a programación da semana, sobre a que ademáis se fan parodias, con dous presentadores de excepción. Un programa que é un bon espello para ver como era a televisión que se vía nos anos oitenta.

  • Venres show

    Venres show

    Programa de variedades realizado nunha sala de festas de Vigo coa participación de cantantes, humoristas e personaxes do mundo das artes, do cine ou mesmo da política. Na súa primeira edición participan Paloma San Basilio, Los Rebeldes ou Diango.

  • Tres por catro

    Tres por catro

    Concurso musical para descubrir novos valores da música galegos ou residentes en Galicia, cantantes solistas por unha banda e grupos de non máis de sete compoñentes por outra. Todos interpretan catro temas, dos que dous deben estar en galego.

  • Palco da música

    Palco da música

    Palco da musica é un programa dedicado a promover as bandas de música. Emitíase os domingos pola mañá. Cada programa estaba dedicado a unha banda. 

  • Os Novos

    Os Novos

    Na serie, catro estudantes peculiares comparten en Londres un piso porcalleiro que lle alugaron a un exiliado ruso

  • O Veciño do Xoves

    O Veciño do Xoves

    O Veciño do Xoves era un programa de entrevistas a persoeiros do mundo da cultura, da política, da música e da sociedade en xeral.

  • A noite meiga

    A noite meiga

    A noite meiga foi un programa concurso presentado por Manuel Pombal.

  • Helena Soto: Torrente Ballester era bastante afable

    Helena Soto: Torrente Ballester era bastante afable

    Helena Soto lembra a entrevista singular que lle fixo ao escritor Gonzalo Torrente Ballester no programa Portoverán.

  • Entre nós (1987)

    Entre nós (1987)

    Entre Nós ofrece ao longo de 60 minutos entrevistas de actualidade, curiosidades e actuacións en directo. Desde o 12 de maio de 1986, Entre Nós forma parte dos programas producidos polos Servizos Informativos. 

  • O espantallo e a señora King

    O espantallo e a señora King

    O espantallo e a señora King narra as aventuras dunha ama de casa tipicamente americana que se ve convertida en detective.

  • Casón: despois da traxedia

    Casón: despois da traxedia

    Esta é unha reportaxe emitida no programa Enfoques sobre a catástrofe do cargueiro de bandeira panameña Casón fronte ás costas de Fisterra en decembro de 1987.

  • Contrafío

    Contrafío

    Contrafío era un programa debate que presentaba a xornalista Amelia García, que tamén foi a directora do programa inicialmente. 

  • A catástrofe do Casón en directo

    A catástrofe do Casón en directo

    A catástrofe do Casón puidose ver en directo grazas a TVG. O 5 de decembro de 1987 produciuse o accidente do Casón fronte ás costas da Coruña. Ía cargado con 25.000 toneladas de mercadorías perigosas. 

  • A muller biónica

    A muller biónica

    A muller biónica ten unhas pernas que lle permiten correr a unha gran velocidade, un brazo biónico que lle dá forza descomunal e un oído biónico supersensible. Como muller biónica, Jaime Sommers, leva unha dobre vida: é profesora nunha escola da base aérea de California e ao mesmo tempo realiza misións especiais del alto risco. 

  • A mellor TV do mundo

    A mellor TV do mundo

    A mellor TV do mundo foi un programa semanal que mesturaba a produción propia de reportaxes coa ficción e o documental. O programa pretendía ofrecerlles aos espectadores as mellores e máis anotadoras producións internacionais, que eran subtituladas ou dobradas ao galego.

  • A banda de Ovidio

    A banda de Ovidio

    A Banda de Ovidio é unha serie infantil de debuxos animados realizada no Canadá que narra as aventuras de Ovidio, un parrulo churrusqueiro, e maila súa banda de amigos. Todos eles están caracterizados como animais simpáticos que viven as súas divertidas aventuras nunha illa do Pacífico.