CRTVG

Buscar

Especiais

1986
  • Lareira

    Lareira

    Lareira foi o primeiro programa de cociña de Televisión de Galicia. Cada programa contaba cun ou dous convidados que se encargaban de axudar a preparar un prato.

  • King Kong

    King Kong

    Nesta serie King Kong chéganos en formato de debuxos animados e nela coñece a familia Bond con quen corre numerosas aventuras loitando contra monstros, robots, científicos loucos e outros perigos.

  • Imos Ver

    Imos Ver

    Imos Ver era un espazo que se emitía o domingo ás 21:30 horas no que se presentaba o avance da programación da semana seguinte e no que se incluían tráileres das películas. 

  • Galicia de Noite

    Galicia de Noite

    Galicia de Noite é un programa onde se mesturan as actuacións musicais con entrevistas a personaxes da actualidade.

  • Galicia está en Polonia?
  • Entre nós (1986)

    Entre nós (1986)

     Entre Nós ofrece ao longo de 60 minutos entrevistas de actualidade, curiosidades e actuacións en directo.

  • Encontros (II)

    Encontros (II)

    Encontros tratabase dun programa de debate con convidados no estudio. Os temas tratados eran principalmente da actualidade política, social, económica e cultural de Galicia 

  • Encontros

    Encontros

    Encontros era un programa de debate con convidados no estudio. Os temas tratados eran principalmente da actualidade política, social, económica e cultural de Galicia.

  • O cadro de persoal en 1986

    O cadro de persoal en 1986

    O cadro de persoal de TVG era dunhas 250 persoas no conxunto dos departamentos. A emisión era de 12 horas.

  • Batman

    Batman

    Batman é un superheroe que é o protector da cidade Gótica: defende os inocentes e mételle o medo no corazón da xente de mal vivir. 

  • Aula 2001

    Aula 2001

    Aula 2001 era un programa sobre o mundo da universidade e da educación en xeral. Tiña un esquema que se repetía en todos os programas, estaba dividido en catro bloques: de información xeral, sobre a docencia e investigación, unha sondaxe de opinión dos universitarios sobre temas de actualidade e para rematar unha reportaxe sobre un tema universitario.

  • A trabe de ouro

    A trabe de ouro

    A trabe de ouro era un programa cultural monográfico sobre literatura de 30 minutos de duración. 

  • A Duquesa da rúa do Duque

    A Duquesa da rúa do Duque

    A Duquesa da rúa do Duque está ambientada no Londres de principios de século, onde conviven as enormes fortunas coas grandes pobrezas. Baseada en feitos reais é a historia de Rosa Lewis, quen comeza sendo unha das moitas criadas que servían aos ricos por un xilin á semana e acabou sendo a dona do famoso Hotel Cavendish, no centro do barrio de clubs da capital británica. Grazas á súa habilidade como cociñeira e á súa

  • A dúas bandas

    A dúas bandas

    A Dúas Bandas é un programa de debate en que se confrontan dúas posturas sobre temas de actualidade social, económica e cultural de Galicia. Os encargados de defender estas posturas son dous convidados que durante 30 minutos expoñen os seus argumentos. O primeiro debate correu a cargo de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia e Carlos Pajares, Reitor da Universidade de Santiago, e versou sobre a pos