Especiais
1985-
O carteiro Pat (Debuxos)
Pat Clifton é o carteiro rural da vila de Greendale nunha fermosa rexion ao norte de Inglaterra; está inspirada no val de Lonfsleddale. O carteiro Pat percorre vales e outeiros levando non só a correspondencia senón un sorriso, unha broma ou os comentarios da vida cotiá das xentes do val.
-
Boa noite
Boa Noite era o programa Revista Musical dos luns á noite. Ao longo de 90 minutos, o presentador e condutor íalles dando paso a grandes intérpretes da canción, galegos e do resto de España, en combinación con entrevistas a personaxes populares e famosos que por algún motivo formaban parte da actualidade social, política ou cultural de Galicia ou de todo o Estado.
-
Costeira galega
Costeira Galega é un programa dirixido á xente do mar que se emitía os venres ás 8 da tarde. A hora que dura o programa repártese entre unha reportaxe sobre costumes mariñeiros nos diferentes lugares da costa galega, un resumo das noticias sobre o mundo do mar xurdidas durante a semana e un informe con datos dalgún aspecto do sector para analizar no debate do programa. O debate s
-
A escrava Isaura
A escrava Isaura foi a primeira telenovela que se emitiu en TVG; foi o 25 de xullo de 1985. A emisión regular comezou uns días despois, o 9 de setembro. Relata a vida de Isaura, unha escrava branca filla da escrava do comendador e o capataz da facenda. A nai de Isaura morre pouco despois do parto e a nena críaa a muller do comendador, quen sempre quixo ten unha filla.
-
Xornada inaugural da TVG
A xornada inaugural comezou coa benvida aos espectadores á TVG. Déullela Dolores Bouzón, que foi a primeira presentadora que saíu en pantalla. Foi ás 19.30 horas do 24 de xullo de 1985.
-
Benvidos á TVG
A benvida aos espectadores á TVG déullela Dolores Bouzón. Foi a primeira presentadora que saíu en pantalla na Televisión de Galicia e foi ás 19:30 horas do 24 de xullo de 1985.