CRTVG

Buscar
  • Ana Romaní

    Ana Romaní

    Na sección Literatura Viva da Festa dos sábados da Radio Galega, Xulio Xiz entrevista á poetisa Ana Romaní, que recita algúns dos seus poemas e que relata as razóns da súa poesía.

  • Carlos Pajares

    Carlos Pajares

    O rector da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Carlos Pajares, participa no programa Amigos na tarde dos sábados da Radio Galega, e fala con Xulio Xiz da situación da investigación e dos retos inmediatos da universidade galega.

  • Francisco Fernández del Riego

    Francisco Fernández del Riego

    Salvador Lorenzana foi o seu seudónimo durante boa parte da súa vida e moitos dos seus traballos, especialmente artigos periodísticos, levan esa sinatura. Francisco Fernández del Riego recorda, no progrma Amigos, interesantes pasaxes da súa vida.

  • Luz Pozo Garza, poetisa e profesora

    Luz Pozo Garza, poetisa e profesora

    Luz Pozo Garza, poetisa e profesora nacida en 1922 en Ribadeo, comparte con Xulio Xiz no programa Amigos da Radio Galega, moitas das súas experiencias vitais, e algúns dos seus poemas máis apreciados.

  • Xosé Luís Méndez

    Xosé Luís Méndez

    O director xeral de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, comparece no programa Amigos, nos sábados da Radio Galega, para lembrar como foi a súa nenez, a súa educación e o seu percorrido profesional.

  • Radiotelevisión Galicia. Emisión en probas

    Radiotelevisión Galicia. Emisión en probas

    A Radio Galega comeza, baixo a súa denominación oficial Radiotelevisión Galicia, a emisión en probas o 24 de febreiro de 1985, data na que se celebra o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A emisión comeza co himno galego. 

  • Avelino Pousa Antelo en 'Amigos'

    Avelino Pousa Antelo en 'Amigos'

    Xulio Xiz entrevista a Avelino Pousa Antelo no programa Amigos. Durante case unha hora o mestre, escritor, agrarista e galeguista histórico fai un repaso pola súa extensa e rica vida desde a primeira experiencia da escola rural de Lugo.

  • Saber e xogar

    Saber e xogar

    É o primeiro gran concurso da Televisión de Galicia. En cada edición do programa enfróntanse dous equipos de dous colexios galegos. As probas mesturan os coñecementos coa destreza deportiva. No primeiro dos programas participan alumnos do Instituto de Bacharelato da Guía, de Vigo, e do instituto de bacharelato Santa Uxía de Ribeira.

  • Telexornal

    Telexornal

    Programa diario de información xeral na súa edición de tarde. A escaseza de medios de transmisión de imaxes obriga con frecuencia a usar imaxes fixas en branco e negro. Esta edición corresponde a un domingo de eleccións en Galicia.

  • Ruada

    Ruada

    "Unha festa popular cun chisquiño de trangallada". Así definía o director do programa este espazo que naceu coa Televisión de Galicia. A música popular e as entrevistas son o artificio deste programa.

  • Magnum, P.I.

    Magnum, P.I.

    Serie policial que conta as aventuras de Thomas Magnum, un investigador privado que vive en Hawai, na illa de Oahu. Magnum conduce un Ferrari vermello  e convive co mordomo Higgins, un ex-militar co que se leva bastante mal, e cos dous cans desde, Zeus e Apolo.

  • Mon Santiso: Gustábanos ver

    Mon Santiso: Gustábanos ver

    Mon Santiso, Presentador de TVG

  • Maseda: Somos unhas das mellores televisións

    Maseda: Somos unhas das mellores televisións

    Xosé Manuel MasedaXornalista de TVG

  • Galicia Máxica

    Galicia Máxica

    Galicia máxica é un programa documental onde o doutor Jiménez del Oso conducía o espectador a través dos lugares considerados máxicos de Galicia e íalle descubrindo misterios ocultistas, lendas, aquelarres e feitizos de meigas e meigos, aplicacións de ungüentos e cocementos de herbas para curar males do corpo e do espírito. Tamén lles dedicaban atenci&oa

  • Galegos

    Galegos

    Galegos foi un programa divulgativo que comezou a emitirse en setembro de 1985. Entre os convidados estiveron: Gonzalo Torrente Ballester, Camilo José Cela, Laxeiro, Xerardo Fernández Albor, Carlos Casares, Domingo García-Sabell ou Abel Caballero.

  • A familia Robinson (Debuxos)

    A familia Robinson (Debuxos)

    A Familia Robinson é unha serie de debuxos animados de producción xaponesa. Os Robinson viven en Berna, Suíza. É unha familia tradicional e tranquila ata que un día lles chega unha carta que lles vai cambiar a vida.

  • 1985, o ano da adhesión á Comunidade Europea e a OTAN

    1985, o ano da adhesión á Comunidade Europea e a OTAN

    O día que naceu a Radio Galega asinábase o Tratado de Adhesión á Comunidade Económica Europea. 

  • Entre nós

    Entre nós

    Entre Nós comezou a emitirse de luns a venres o 9 de setembro de 1985. Producido inicialmente polo Departamento de Programas, Entre Nós ofrecía ao longo de 60 minutos entrevistas de actualidade, curiosidades e actuacións en directo.

  • Don dracula (Debuxos)

    Don dracula (Debuxos)

     

    Don Drácula é unha serie de animación realizada a partir dun cómic manga que leva o mesmo título. Drácula está no Xapón vivindo con súa filla Chocola e o criado Igor. O profesor Van Helsing chega ao país para destruílo.

     

  • Dallas

    Dallas

    Dallas está ambientada no mundo das finanzas e do petróleo. Conta a historia dunha saga, os Ewing, que non teñen dabondo loitando por facerse co mercado do petroleo así que tamén loitan entre eles para facerse co poder na familia.