CRTVG

Buscar

Especiais

Entre nós (1988)

07/04/1988

Ficha técnica:

  • Dirección: Moncho Lemos
  • Presentación: Xosé Manuel Maseda, Moncho Lemos, Magali Fagilde
  • Produción: TVG
  • Sinopse: Entre Nós cambia de dirección e presentadores en 1988. Eva Veiga e Pemón deixan o programa para darlle o relevo a Moncho Lemos, Magali e Xosé Manuel Maseda. En emisión de luns a venres, Entre Nós ofrece ao longo de 60 minutos entrevistas de actualidade, curiosidades e actuacións en directo. Desde o 12 de maio de 1986, Entre Nós forma parte dos programas producidos polos Servizos Informativos. Con esta integración estreou unha forma de contar máis viva e próxima: introduciu as conexións en directo coa Unidade Móbil. Un mes despois de incluír as conexións en directo xa fixeron o primeiro programa completamente no exterior. Foi nos Ancares o 5 de xuño de 1986 con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. 




Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí