CRTVG

Buscar

Especiais

Edición especial de "Eirado" sobre Valentín Paz Andrade, (2012)

12/05/2012 23:30 h

 

Para achegarse á súa vida e obra, o espazo da tvG2 recuperara varias entrevistas realizadas en edicións anteriores sobre o autor. Así, ofreceranse as lembranzas e impresións sobre seu pai do empresario vigués Alfonso Paz-Andrade; ao tempo que o xornalista e escritor Tucho Calvo falará do seu último traballo, “Valentín Paz Andrade, a memoria do século XX”, que ten a súa orixe nunha longa entrevista co autor. Ademais, tamén se volverán ofrecer as reflexións sobre Paz Andrade que realizou o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, na entrevista que concedeu hai unhas semanas ao programa.

Por outro lado, visitará hoxe o estudio de gravación de “Eirado” a escritora Charo Portela, gran coñecedora da figura de Valentín Paz Andrade e autora de dúas biografías sobre o escritor, unha delas enfocada aos máis novos e outra dirixida aos adultos.

 

Neste programa especial, a música en vivo tamén xirará arredor do homenaxeado no Día das Letras. A formación 2 na fronteira, integrada pola cantante galega Carmen Penim e polo músico italiano Maurizio Polsinelli, cuxo repertorio se centra na poesía en lingua galega musicada por eles mesmos, poranlles esta noite son aos poemas de Paz Andrade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí