CRTVG

Buscar

Especiais

Doraemon

01/06/2000

Ficha técnica

  • Produción: Mr. Soichi Besshi (Xapón, 1969)
  • Sinopse: Doraemon comeza cando na vida de Nobita, un rapaz feble que usa lentes e estuda cuarto curso, aparece un gato azul sen orellas que sae do seu escritorio e lle come o almorzo. Este gato Doraemon é un robot-gato de rúa moi tenro, antiviolento, intelixente, simpático e con poderes especiais. Procede do século XXII pero o tataratataratataraneto de Nobita, que vive na pobreza total debido aos erros que cometeu este no pasado, envíao nunha máquina do tempo ao século XX. A misión de Doraemon é axudar a Nobita a corrixir eses erros, pero esa tarefa non é doada, xa que Nobita é o rapaz máis torpe da súa clase. Doraemon non é un robot de alta tecnoloxía, pero ten un peto de catro dimensións conectado ao futuro do que saca todo tipo de obxectos raros e divertidos -coma os sombrerocópteros-, ademais de moitos dos soños que un neno quixese realizar. Cos seus inventos, Doraemon debe cambiar o futuro de Nobita. O rapaz, torpe e algo parvo, sempre está a meterse en problemas que intenta solucionar este gato cos seus artefactos, pero ao non sabelos utilizar, Nobita aínda se mete en máis dificultades. Antes, Doraemon tiña orellas, pero mentres durmía a sesta uns ratiños coméronllas e por iso odia os roedores. A comida preferida de Doraemon é o dorayakis, simplemente porque se parece ao seu nome. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí